29/5/20

PROPOSTA PARA O DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE



Aquí te deixamos o vídeo que atopou LoroLareto para que lle botes unha ollada!




Viches o que acontece no vídeo? É unha situación moi triste e que lle afecta moito ao noso planeta... Cómo podes axudar ti ao noso heroe Verdemán a evitar estas situacións e coidar a natureza que nos rodea?

Manda unha imaxe ou vídeo explicando unha idea relacionada cós 3R (reducir, reutilizar, reciclar) e o coidado da natureza: plantando unha árbore, un cartel que anime á túa familia e veciños a reciclar con sentidiño, un xogo creado con material de refugallo...

Envíao antes do xoves 4 de xuño ao correo ceipdeandrade5@gmail.com indicando nome e curso.



Bota a túa imaxinación a voar
e pensa que todos xuntos isto podémolo mellorar!



#PorLaNaturaleza
#PolaNatureza

19/5/20

LETRAS GALEGAS 2020

NARRANDO HISTORIAS

Parabéns a todos e todas as narradoras que deixáchedes a vosa pegada para esta proposta da nosa Biblioteca Soños de Andel. 

Fíxéchedes un bo traballo!!!

Moitas grazas pola vosa colaboración. 

Agora a desfrutar destas estupendas historias!

 





Aínda estades a tempo, ANIMÁDEVOS!!!

Lembrade envialas ao correo:

ceipdeandrade5@gmail.com

#GrazasLibros

#BescolaresgalAbertas



11/5/20

Letras galegas 2020






Este ano 2020 adícase este día a Ricardo Carballo Calero e con motivo da celebración, compartimos con vós unha lectura moi especial. Trátase dunha adaptación libre do conto "As pitas baixo a choiva" que esperamos que disfrutedes moito!






Ademáis, a editorial Embora compartiu o libro de balde así que, se vos apetece, podedes desfrutar do texto orixinal neste enlace: As pitas baixo a choiva



Ademais, Raioteca e Lorolareto teñen unha nova proposta para vós!

Nesta ocasión, e despois de ver coma Carballo Calero conta en "As pitas baixo a choiva" unha historia que lle aconteceu de pequeno, pedimos que gravedes un pequeno vídeo narrando a vosa propia historia! En galego claro!


Logo, podedes envialo ao correo (indicando nome, apelidos e curso)

ceipdeandrade5@gmail.com

e as compartiremos no blog!






Xa por último, recordarvos que clicando aquí podedes volver a escoitar o programa de radio que se fixo o ano pasado por mor deste día!
 
Pinchando na imaxe  
PRIMAVERA das Letras poderás desfrutar dun feixe de actividades para aprender sobre Carballo Calero.
https://primaveradasletras.gal/

Quizais tamén che interese

Related Posts with Thumbnails