PREPARANDO AS LETRAS GALEGAS
ARGALLANDO letras galegas 2022 de Mila
Este ano adican as Letras Galegas a Florencio Delgado Gurriarán, un poeta do que seguramente xa escoitáchedes falar, e os nosos compañeiros de 5º de primaria fixéronos unha conexión marítima dende Córgomo, o lugar onde naceu Florencio, ao Ipanema, o barco no que viaxou ás Américas no exilio. Esperemos que vos guste.
Tamén faremos unha alfombra dos maios con palabras da natureza, xa que a Florencio gustáballe moito a natureza, e retratos de Florencio en Pop-Art. Tanto lle gustaba que, cando era pequeno, dedicoulle un poema a un castiñeiro da súa aldea. Acabou publicándose nun xornal de Ourense. Aquí o tedes:
"Retorto castiñeiro, outrora san e forte,
atópaste ferido do machado da morte;
as túas folliñas, murchas, van caendo no chan,
¡ou, tristura dunha árbore espíndose no verán!”
Mentres tanto non o celebramos no colexio, podedes desfrutar deste rosco de PASAPALABRA en familia, feito polo equipo de biblioteca e dinamización, adicado a Florencio, moi sinxeliño para que aprendades algo do noso homenaxeado.
Deixámosvos tamén tres WORDLES , para que xoguedes e sexades quen de averiguar tres palabras en galego relacionadas coa NATUREZA.
Boa sorte!!!
* O luns 23 de maio poñeremos as solucións do wordle.
FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!!
Aquí tedes todas as palabras da Natureza do Pasapalabra, que estades a facer na vosa alfombra.
Día das Letras Galegas 2022 (A4 Document) de Eva Fernandez