14/5/22

LETRAS GALEGAS 2022 - FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN


PREPARANDO AS LETRAS GALEGAS

ARGALLANDO letras galegas 2022 de Mila


 Este ano adican as Letras Galegas a Florencio Delgado Gurriarán, un poeta do que seguramente xa escoitáchedes falar, e os nosos compañeiros de 5º de primaria fixéronos unha conexión marítima dende Córgomo, o lugar onde naceu Florencio, ao Ipanema, o barco no que viaxou ás Américas no exilio. Esperemos que vos guste.




 Tamén faremos unha alfombra dos maios con palabras da natureza, xa que a Florencio gustáballe moito a natureza, e retratos de Florencio en Pop-Art. Tanto lle gustaba que, cando era pequeno, dedicoulle un poema a un castiñeiro da súa aldea. Acabou publicándose nun xornal de Ourense. Aquí o tedes:


"Retorto castiñeiro, outrora san e forte, atópaste ferido do machado da morte; as túas folliñas, murchas, van caendo no chan, ¡ou, tristura dunha árbore espíndose no verán!”


Mentres tanto non o celebramos no colexio, podedes desfrutar deste rosco de PASAPALABRA en familia, feito polo equipo de biblioteca e dinamización, adicado a Florencio, moi sinxeliño para que aprendades algo do noso homenaxeado. 
Deixámosvos tamén  tres WORDLES , para que xoguedes e sexades quen de averiguar tres palabras en galego relacionadas coa   NATUREZA.                          

Boa sorte!!!


* O luns 23 de maio poñeremos as solucións do wordle.


FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!!


No hay comentarios:

Quizais tamén che interese

Related Posts with Thumbnails