Este mes de xaneiro, o noso alumnado xunto coas súas familias recomendaron zonas naturais que podemos visitar na nosa contorna, algo moi relacionado co coñecemento desta maleta Naturalista.
28/1/23
MALETA NATURALISTA
Este mes de xaneiro, o noso alumnado xunto coas súas familias recomendaron zonas naturais que podemos visitar na nosa contorna, algo moi relacionado co coñecemento desta maleta Naturalista.
PAZ E RADIO 2023
Un ano máis estamos aquí para preparar o noso día da Paz , que coma sempre é o día 30 de xaneiro; mais este ano celebrarémolo conxuntamente co día da Radio , que se celebra todos os anos o 13 de febreiro .
A rapazada de 6º de primaria, está a preparar o programa coas diferentes seccións que serán elaboradas polos diferentes cursos, dende infantil ata 6º de primaria.
Tamén fixeron unha exposición de libros pola Paz, e xa estiveron traballando na decoración do cartel para a celebración de ambas efemérides.
Son magníficas e magníficos ARTISTAS!!!
Moi bo traballo rapazada!!!
* Cando teñamos o noso Programa rematado, subirémolo ao blog para que desfrutedes del.
AS NOSAS TRADICIÓNS POLO NADAL
Seguindo cos vídeos familiares, este mes non poderiamos empregar unha temática distinta ao Nadal. Por este motivo, alumnos/as e familias do noso centro explícannos que tradicións seguen nestas datas tan especiais.
Queredes ver qué decoracións e actividades tan divertidas prepararon nas núas casas?
Pois non vos demoredes máis e desfrutade destes magníficos vídeos familliares!
Agradecementos ás familias pola súa colaboración neste educar conxunto, tan importante e significativo para o alumnado.