20/12/22

RECOMENDACIÓNS DE NADAL - DECEMBRO 2022

 


Agradecer a toda a rapazada voluntaria da biblioteca, o traballo feito na selección de libros, na exposición e decoración do noso espazo de Nadal.

Parabéns rapazada, sen vós isto non sería posible!!!

Deixámosvos un genially , onde podedes desfrutar dos podcasts dos diferentes cursos, para escoitar por este Nadal, todos os programas feitos.









3/12/22

MES DA CIENCIA

 MES DA CIENCIA

    Bo día rapazada. Para os que non o sabiades, este mes de novembro foi o mes da Ciencia, e a rapazada de 6º fixemos un podcast relacionado con este evento , onde contamos un pouco sobre algúns experimentos que fixemos aos outros cursos.
 Esperemos que vos guste!!!




Aquí vos deixamos coa montaxe de vídeos relacionados co  noso PDI: 

"Sementando Patrimonio ecolóxico-natural e cultural na nosa contorna"


O equipo de dinamización da lingua galega contribúe co equipo da biblioteca a levar a cabo esta magnífica proposta para que as familias sexan comunicadoras do patrimonio da contorna. Cada mes terá diferentes temáticas que abordar. Este mes de novembro a temática foi:

"Experimentos da natureza en familia"

Moitas grazas ás familias participantes , e aos nosos/as pequenos/as artistas polo seu magnífico traballo de reporteiros/as.



28/11/22

25N- DÍA INTERNACIONAL DA NON VIOLENCIA DE XÉNERO


 Ola rapazas e rapaces, hoxe é o Día Internacional da Non Violencia de Xénero e por iso, no noso colexio, estivemos facendo unha actividade relacionada con que todos debemos medrar en igualdade. 

A actividade consistía en crear novas caras con todas as fotos da clase, partidas en catro anacos, a verdade é que quedaron moi estrañas e diversas pero resultou divertido.


Escolleuse esta data para honrar a memoria das irmás Mirabal, tres activistas políticas da República Dominicana que foron brutalmente asesinadas no 1960, pola orden do dictador dominicano Rafael Trujillo.

Deixámosvos cunhas fotos dos diferentes retratos que realizamos baixo os lemas: 

"Medramos en igualdade"

"Tod@s somos iguais"

 Esperemos que vos gusten!



























Aquí vos deixamos este audio conto adaptado  de Raquel Díaz Reguera do seu libro "Soy solo Mía"


Unha espectacular historia e un belísimo album ilustrado , que fala das relacións abusivas e da violencia de xénero. Historia  para concienciar da prevención e o coñecemento de determinados patróns de comportamento.
Parabéns a toda a rapazada
 que fixo posible este audio conto!!!


14/11/22

MAGOSTO 2022

 






















Para este Magosto celebrar, moito hai que xogar... e por iso o venres 11, fixemos xogos tradicionais coma o peón, carreiras de sacos... 

E sen esquecernos o banquete que nos levamos de castañas asadas, mmmm... faíseme a boca auga só con pensar  o ricas que estaban.

 Esperamos que neste Magosto o pasarades xenial!!!

Ah! e... unha última cousa, queremos dar a grazas a esas persoas da asociación do Olmo por facernos estas castañas, tan ricas. E non sei se sabedes que fixeron ese aparello cun bombo da lavadora, que boa idea de reutilización para un magosto sostible.






11/11/22

ESPAZOS FEDELLEIROS 2022-2023

 

Esta semana, estrenamos os espazos fedelleiros , pois houbo un día de choiva, polo que tivemos a presentación dende o noso estudo de radio. 
 Resultaron moi entretidos e educativos!!!
Parabéns á rapazada de 6º de primaria, que co seu traballo e esforzo fixo posible a apertura destes espazos fedelleiros.

O SAMAÍN -OUTUBRO 2022


Neste Samaín 2022, decoramos o colexio , con cabazas que a rapazada fixo nas clases de plástica, e tampouco faltaron basoiras  feitas con materias naturais : xesta, loureiro, follas de maínzo, canaveiras, etc,.. que a rapazada fixo nas súas casas coa axuda das súas familias.

Abofé que quedou terrorífico!!!

Tamén tivemos xogos de pistas na nosa biblioteca.

Resultou unha xornada interesante e entretida.

Deixámosvos un vídeo , onde podedes ver todo o traballo realizado.

Parabéns a toda a comunidade educativa pola  colaboración.



Aquí vos deixamos o código QR da publicación desta celebración no  Instagram.






10/11/22

5º PROGRAMA DE RADIO

 

Estamos de novo aquí para mostrarvos outro dos nosos programas, adicado ao día das bibliotecas escolares e ás novedades do noso colexio. Somos... Os Andrade!!

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES- 24 DE OUTUBRO 2022

Lema das bibliotecas escolares de Galicia 
Curso: 2022-2023

" Escribir a Biblioteca"

PROXECTO DE CENTRO

SEMENTANDO PATRIMONIO 

ECOLÓXICO-NATURAL E CULTURAL 

NA NOSA CONTORNA



A rapazada de 6º de primaria, voluntariado de biblioteca, quixo presentar o noso PDI, co gallo do día das bibliotecas escolares , e como sempre a través dun libro titulado: 

" Un bosque en mi"

      Autora: Underwood Deborah      Ilustradora: Derby Cindy


Fixeron unha versión propia en galego para concienciar ao alumnado e a toda a comunidade educativa , da importancia de coidar , respectar e desfrutar máis do noso bosque. Finalmente representárono, e aquí vos deixamos o vídeo para que o desfrutedes.


Por outra banda a rapazada de 5º de primaria quixo representar o poema de Santiago Freire do libro: Martingadas, poemas para nenos.

" A Biblioteca" 



O alumnado de 6º de primaria, fixo entrega das mochilas viaxeiras a cada un dos titores/as, onde a  biblioteca Soños de Andel escribe e comparte  sabedoría, para levar polos fogares, e deste xeito facer partícipes ás familias da nosa comunidade educativa. 
Finalmente tivemos unha visita sorpresa das nosas mascotas: Raioteca e Lorolareto, que nos leron unha cartiña que estaban a rematar de escribir. 
Dádelle unha olladiña ao vídeo.


Resultou unha xornada fantástica, chea de Natureza, ilusión, oralidade e conciencia da mellora e coidado do noso bosque.

PARABÉNS A TODOS E A TODAS!!!


16/10/22

CUARTO PROGRAMA - DÍA MUNDIAL DA VISIÓN

 

Bo día rapazada! 

Hoxe, traémosvos un novo podcast adicado ao día Mundial da Visión. 

Como ben sabedes, coidar a vista é algo moi importante.

Desfrutádeo moito.

Ata outra!


14/10/22

TERCEIRO PROGRAMA DA RADIO LOROLARETO

 


Bo día rapazada!

 Hoxe traémosvos un podcast sobre como coidar e educar ao voso cabalo, que de seguro vaivos gustar, cheo de información fundamental e moi interesante. Esperemos que vos guste, sobre todo aos amantes dos animais. 

Ata logo!


5/10/22

SEGUNDO PROGRAMA RADIO LOROLARETO

 ENTREVISTA A LUCAS E MARCELO

A rapazada de 6º fíxolle unhas preguntas a dous compañeiros de 5º.

Esperemos que vos guste!!


28/9/22

PRIMEIRO PODCAST DO CURSO 2022/2023

 


DEIXÁMOSVOS CO PRIMEIRO PODCAST DESTE CURSO 2022/2023.


SOÑOS DE ANDEL 2022-2023

 


Estades preparados para comezar este novo curso 2022-23?
Seguro que cargáchedes moito as baterías para poder crear, imaxinar e voar polos diferentes andeis da nosa biblioteca.

Témosvos que dicir que a rapazada voluntaria de bibliotecarios/as estivo organizando horarios, espazos,..., todo o necesario para poñer a punto o comezo desta nova aventura.

Están a facelo xenial!!! Son todos e todas moi traballadores/as.

Aquí vos deixammos o cartel sobre os ODS, feito por algunha rapazada de 6º de primaria, coa colaboración da mestra Mª José.



20/6/22

RECOMENDACIÓNS PARA ESTE VERÁN 2022

 

OS LIBROS GUSTAN DA VIAXE E DA SORPRESA,

 AGARDAN NOS ANDEIS OU NOS EXPOSITORES

 POR ESA MAN QUE, AO ABRILOS,

 POÑA EN FUNCIONAMENTO A MAXIA DA LECTURA.

NON ESQUEZADES LER MOITO EN CONTACTO COA NATUREZA!!!

6/6/22

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE E DOS OCÉANOS

 Que tal estades rapazada?  Xa chega o fin de curso e con el o remate aos nosos traballos en equipo para a nosa biblioteca.

 Desexamos, tanto Lorolareto coma eu, que o pasarades moi ben na procura de novos libros , cos que poder viaxar a mundos máxicos.

Deixámosvos cos traballos finais do noso Proxecto Integral de Centro

 " AS NOSAS PEGADAS ECOLÓXICAS"



Parabéns nenos e nenas, polo voso traballo, aprendizaxe e esforzo durante este curso 2021/2022.


Tamén queremos agradecer ás familias a súa magnífica colaboración!

Grazas , tamén aos mestres, e mestras  que fan posible que a nosa biblioteca sexa un punto de encontro para imaxinar, soñar e  aprender .

Este venres, 3 de xuño tivemos un obradoiro de 

"Bombas florais", si, si, escoitáchedes moi ben. A rapazada fixo unhas bombas de terra con sementes florais para poder lanzar en calquera sitiio da Natureza e poder axudar aos polinizadores, a facer a súa labor  tan importante para todos os seres vivos.

Deixámosvos con fotos do obradoiro.


27/5/22

OS LOBISHOMES DE ANDRADE

 Hello rapazada! Fálavos Raioteca, e gustaríame presentarvos unha actividade que se levou a cabo na nosa biblio en colaboración co profesorado de inglés.


Os homes lobos de castronegro é un xogo ameno e que permite traballar a oralidade, o razoamento e a toma de decisións. Que mellor oportunidade para traballar e pór a proba o noso inglés?

Comezamos explicando o xogo e distribuindo as persoaxes para facer unha pequena práctica. Cada un dos alumnos e alumnas terá un papel único que debe performar.


Cando collimos soltura, introducimos os obxectos. Estes poderán ser comprados coas monedas obtidas a partir de resolver preguntas sobre a nosa biblioteca, debiamos tratar de respondelas en inglés por suposto.

E a vós que vos parece? Esperamos as vosas opinións.




24/5/22

ENTREVISTA A ETHAN



Ola rapazada, fálavos Lorolareto!
Estou verdadeiramente abraiado polo ben facer dos vosos traballos na nosa radio escolar.
Sodes uns domadores e domadoras da oralidade!!!
Parabéns a todos e a todas!!!
Desfrutade desta entrevista que algún do alumnado de 6º de primaria fixo a Ethan , o noso auxiliar de conversa deste curso escolar 2021/2022.
Thank you Ethan!

O ECO DAS PEDRAS- HISTORIAS DE ORALIDADE



 Este mércores 18 de maio , tivemos o pracer de poder desfrutar da compaña de Raquel Queizás, unha extraordinaria domadora da oralidade, para celebrar o Día das Letras Galegas.



O ECO DAS PEDRAS- RAQUEL QEIZÁS de Mila

Abofé que foi unha xornada cautivadora, chea de misterio, oralidade e diversión. 
Deixámosvos coa entrevista de radio que algunha da rapazada de 5º de Primaria , preparou para  saber e aprender algo máis de Raquel Queizás.

Moitas grazas Raquel,
 por agasallarnos coa túa sabedoría. 

MES DAS FLORES E DAS LETRAS

 Aquí vos deixamos coa alfombra floral en formato pasapalabra, que este ano adicamos polas Letras Galegas  a Florencio Gurriarán, poeta que adoraba a NATUREZA do seu pobo Córgomo, á que adicou poemas.

Raioteca propuxo á rapazada, que pescudara palabras en galego relacionadas coa NATUREZA, para facer un pasapalabra, e aquí vos deixamos co traballo que estiveron realizando os días desta semana das Letras para poder rematalo.

Cada unha das palabras tiña un código QR( uso de tablets ) para cando adiviñaran a palabra, poder aprender máis sobre ela.

Toda a rapazada gozou moito, tanto para facelo como para resolver o pasapalabra.

Desexamos que vos guste!!!




SOLUCIÓN DOS TRES WORDLES: 

QUEIRUGA - ZONCHO - HERBA


NATUREZA CON FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN de Mila

14/5/22

LETRAS GALEGAS 2022 - FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN


PREPARANDO AS LETRAS GALEGAS

ARGALLANDO letras galegas 2022 de Mila


 Este ano adican as Letras Galegas a Florencio Delgado Gurriarán, un poeta do que seguramente xa escoitáchedes falar, e os nosos compañeiros de 5º de primaria fixéronos unha conexión marítima dende Córgomo, o lugar onde naceu Florencio, ao Ipanema, o barco no que viaxou ás Américas no exilio. Esperemos que vos guste.




 Tamén faremos unha alfombra dos maios con palabras da natureza, xa que a Florencio gustáballe moito a natureza, e retratos de Florencio en Pop-Art. Tanto lle gustaba que, cando era pequeno, dedicoulle un poema a un castiñeiro da súa aldea. Acabou publicándose nun xornal de Ourense. Aquí o tedes:


"Retorto castiñeiro, outrora san e forte, atópaste ferido do machado da morte; as túas folliñas, murchas, van caendo no chan, ¡ou, tristura dunha árbore espíndose no verán!”


Mentres tanto non o celebramos no colexio, podedes desfrutar deste rosco de PASAPALABRA en familia, feito polo equipo de biblioteca e dinamización, adicado a Florencio, moi sinxeliño para que aprendades algo do noso homenaxeado. 
Deixámosvos tamén  tres WORDLES , para que xoguedes e sexades quen de averiguar tres palabras en galego relacionadas coa   NATUREZA.                          

Boa sorte!!!


* O luns 23 de maio poñeremos as solucións do wordle.


FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!!

Aquí tedes todas as palabras da Natureza  do Pasapalabra, que estades a facer na vosa alfombra.
Día das Letras Galegas 2022 (A4 Document) de Eva Fernandez

A TOUPICIENCIA- A XANELA DO MAXÍN

 CONTACONTOS 


CONTACONTOS de Mila

23/4/22

DÍA DO LIBRO- 23 de abril 2022

Bo día, rapazada!

 A que non sabedes que fixemos estes días? 

 Pois senón o adiviñáchedes..., estes días fixemos unha manualidade chamada:

"CONTOS ENFRASCADOS" 

que trata de recrear un conto nun frasco, poñendo as cousas necesarias dentro del. 

O  luns 25 de abril tedes que tratar de adiviñar que contos fixemos.

 ADIVIÑA ADIVIÑANZA...

QUE CONTO TEÑO NA PANZA?


Esperamos que adiviñedes moitos dos contos.

Mentres, vos deixamos cunhas fotiños da realización dos traballos


Feliz Día do Libro de Raioteca


Xa foron adiviñando algúns dos frascos co conto axeitado!!!
Estupendo traballo, rapazada!!!👍👍
 

Adiviña, adiviñanza que conto teño na panza... de Mila

DÍA DA TERRA - 22 DE ABRIL

CELEBRANDO O DÍA DA TERRA 

DOMADORAS DO MAR



 Que nervios... antes de entrevistar a estas dúas mariscadoras  da nosa zona !!!
  Grazas ás dúas por compartir o voso tempo e a sabedoría dos anos de experiencia neste voso traballo, tan duro e tan importante á vez.

Foi un verdadeiro pracer , tervos connosco nesta nosa radio escolar!!!

Agora toca desfrutar da entrevista  ás mariscadoras Isabel e Carmen , que non cabe a menor dúbida que son todas unhas domadoras do mar.



 

19/4/22

ABRIL - MES DO LIBRO

 Sabedes que damos comezo ao mes de ABRIL?

Este sábado 2 de abril foi o Día internacional do libro infantil e xuvenil, por iso, tanto Lorolareto coma min  estamos entusiasmados para neste mes, facer actividades artísticas-lectoras con libros da nosa biblioteca "Soños de Andel".

Estades preparados? Abofé que siiiii!

Propoñémosvos un reto! Seredes quen de meter un conto nun frasco?

 Seguro que estades a pensar que é unha tolemia, pero non ... é toda unha ledicia! 

Debedes formar equipos e presentar os vosos contos enfrascados, co voso nome, apelidos, clase e nome do conto na parte de abaixo do frasco. 

Ah! Non esquezades pechalo ben!

A última semana de abril, deberán estar expostos na entrada principal do noso colexio, para que por quendas poidades adiviñar  que contos enfrascaron os vosos compañeiros dos diferentes cursos.

8/4/22

OBRADOIRO DE RADIO CON PONTE NAS ONDAS

OBRADOIRO DE RADIO   

  Bos días, o 5 de abril visitáronnos Xerardo e Damián de Ponte Nas Ondas. Explicáronnos como grabar e editar un podcast. Tamén ensináronnos a como pronunciar e falar nunha grabación. 

Despois do recreo fumos a grabar un programa en directo os nenos e nenas de 4º e 5º de primaria. E aquí temos á nosa compañeira Alicia de 5º. Farémoslle unhas preguntiñas para saber como foi a súa experiencia.

 Alá vamos!                      

Que che pareceron Xerardo e Damián?                                                                                                              Parecerónme moi divertidos.                                                                                         

Que che pareceu o podcast en directo?                                                                                                      Pareceume moi gracioso, sobre todo cando cantan a Vaca Lola e a parte dos nosos compañeiros Amaia e Hugo.

E agora imos a ver cal foi a experiencia dunha nena de cuarto chamada Berta.

Que che pareceron Xerardo e Damián?                                                                                                         Pois parecéronme moi divertidos e ensináronme moito  para o ano que vén, porque  xa vou  estar na radio Lorolatero.

Qué che pareceu o podcast en directo?                                                                                                           Pareceume unha idea moi divertida da que  aprender moito, para facer programas de radio, o curso que vén.

E ata aquí a nosa pequena entrevista. Esperamos que vos gustara. 

Despidímonos dende a clase de 5º de primaria, mais non antes sen dicirvos, que foi todo un pracer ter con nós a Xerardo e a Damián, para seguir aproveitando a súa sabedoría radiofónica e dese xeito aprender moitísimo para levar á práctica na nosa Radio Lorolareto.

Ata outra dende as ondas do Eume !!!!





Quizais tamén che interese

Related Posts with Thumbnails