Este curso a Biblioteca "Soños de Andel" pon en marcha un novo servizo:
O PRÉSTAMO DE VERÁN.
Todo o alumnado de Primaria poderá levar libros en préstamo para o verán, e terá que devolvelos ao comezo do vindeiro curso 2014/2015, dentro da mesma bolsa no que lle foron entregados.
O noso agradecemento aos colaboradores e colaboradoras da Biblioteca, que tanto aportan á súa boa marcha, renunciando moitas veces ao seu tempo de recreo.
Moitas grazas, Boas vacacións e Felices Lecturas!!!