25/2/25
DÍA MUNDIAL DE ROSALÍA
ROSALIARTE
Adiós ríos, Adiós fontes,
Adiós regatos pequenos,
Adiós vista dos meus ollos,
Non sei cando nos veremos.
Que fermosas palabras adicou Rosalía á nosa TERRA galega, sempre están presentes. A morriña que ela expresou neste poema do seu libro Cantares Gallegos, foi, é e será sempre, ARTE para a nosa lingua como patrimonio cultural.
Ela empezou o poema dicindo adiós, pero para nós, ela nunca se foi do máis profundo do corazón da xente, por iso lle adicamos cada ano o seu día especial.
A rapazada do noso centro estivo realizando este mural de Rosalía coa técnica de PopArt e o estudo dalgúns artistas como Andy Warhol.
Realizáronse poemas e diversas actividades para que unha artista coma ela, continúe viva para que a nosa lingua non se perda.
MÚSICA: "Rosalía pequeniña" de Uxía.
14/2/25
DÍA MUNDIAL DA RADIO- O CAMBIO CLIMÁTICO
Este xoves 13 de febereiro dende a nosa radio escolar Lorolareto, estivemos facendo un programa en directo, para dar visibilidade a un problema moi importante no noso planeta Terra: O cambio climático.
A rapazada quixo sementar sostibilidade e conciencia, elaborando relatos e algunha poesía sobre este tema tan preocupante.
Iremos subindo o programa, cando o teñan editado, pero mentres tanto deixámosvos algunhas fotos do evento.
PARABÉNS RAPAZADA!!!
Narda unha Artista con Maxia
Narda unha Artista con Maxia
O xoves 13 de febreiro do 2025 recibimos unha gran pintora de cadros, procedente de Miño, que veu explicar os feitos que logrou na súa carreira como pintora.
Tamén dou a súa opinión persoal sobre o cambio climático, dando consellos para diminuir os efectos deste grave problema.
13/2/25
11/2/25
ARTE POLA PAZ
Para este día da paz celebrar,
a rapazada quixo sementar,
unha chea de arte para reparar,
as feridas das guerras e calmar.
Deixámosvos cunha presentación das sementeiras de Arte pola paz, que fixo o noso alumnado.
Parabéns polo voso traballo!
2/2/25
Saída con arte- Barrio de Canido/ A Fundación
Este pasado 17 de xaneiro , tivemos o privilexio de gozar da CULTURA, da NATUREZA e da ARTE, coa visita guiada a Ferrol, en concreto a unha exposición na Fundación, sobre o obxecto como elemento artístico, onde a rapazada de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria, asistiron a un obradoiro arredor desta temática e, a unha xincana na procura de diferentes obras expostas no museo , xunto coa reflexión e análise sobre esta tendencia artística.
Por outra banda, a observación e visita guiada a un dos barrios emblemáticos de Ferrol, caracterizado polo cadro de Velázquez "As Meninas", onde a proposta artística levada a cabo por Eduardo Hermida, foi un auxe, para darlle difusión e vida a este barrio.
Por outra banda, a observación e visita guiada a un dos barrios emblemáticos de Ferrol, caracterizado polo cadro de Velázquez "As Meninas", onde a proposta artística levada a cabo por Eduardo Hermida, foi un auxe, para darlle difusión e vida a este barrio.
Resultou un día fantástico, pois como broche final, a rapazada de 3º e 4º de primaria atopou a Eduardo Hermida, o creador desta proposta dende 2008, onde reune diferentes disciplinas, para plasmar arte polas paredes e diferentes espazos do barrio.
Moitas grazas, por compartir o teu tempo e a túa experiencia tanto como artista , como ser humano!
Dende a nosa radio Lorolareto, os micros estiveron abertos para facer recollida da arte, que Eduardo Hermida compartíu con toda a comunidade educativa, en especial con todo o alumnado.
Gozade desta pequena entrevista improvisada con moito cariño!
Graciñas por compartir a esencia da túa arte e o teu tempo!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)