Este pasado 17 de xaneiro , tivemos o privilexio de gozar da CULTURA, da NATUREZA e da ARTE, coa visita guiada a Ferrol, en concreto a unha exposición na Fundación, sobre o obxecto como elemento artístico, onde a rapazada de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria, asistiron a un obradoiro arredor desta temática e, a unha xincana na procura de diferentes obras expostas no museo , xunto coa reflexión e análise sobre esta tendencia artística.
Por outra banda, a observación e visita guiada a un dos barrios emblemáticos de Ferrol, caracterizado polo cadro de Velázquez "As Meninas", onde a proposta artística levada a cabo por Eduardo Hermida, foi un auxe, para darlle difusión e vida a este barrio.
Por outra banda, a observación e visita guiada a un dos barrios emblemáticos de Ferrol, caracterizado polo cadro de Velázquez "As Meninas", onde a proposta artística levada a cabo por Eduardo Hermida, foi un auxe, para darlle difusión e vida a este barrio.
Resultou un día fantástico, pois como broche final, a rapazada de 3º e 4º de primaria atopou a Eduardo Hermida, o creador desta proposta dende 2008, onde reune diferentes disciplinas, para plasmar arte polas paredes e diferentes espazos do barrio.
Por certo, foi unha gran sorpresa para o alumnado, que recibíu a Eduardo cun gran entusiasmo, polo que nos agasallou coa súa visita este venres 31 de xaneiro, para sementar a súa arte polo noso colexio.
Moitas grazas, por compartir o teu tempo e a túa experiencia tanto como artista , como ser humano!
Dende a nosa radio Lorolareto, os micros estiveron abertos para facer recollida da arte, que Eduardo Hermida compartíu con toda a comunidade educativa, en especial con todo o alumnado.
Gozade desta pequena entrevista improvisada con moito cariño!
Graciñas por compartir a esencia da túa arte e o teu tempo!!!
18 comentarios:
Ola! Son Ainhoa de 5º de primaria . Encantoume facer a entrevista . Grazas por campartir con nós o teu tempo . Esperamos que volvas pronto! Vémonos en Canido!
Moitas grazas por vir Edu.Gustounos moito a túa visita e grazas por explicarnos tantas cousas sobre a arte.Esperamos que volvas pronto ¡Ata outra!
Ola son Noa e gustoume moito ver a túa arte e aprender máis sobre ti.
Grazas.
Ola son Yani e a min gustoume un montón que viñeras ao noso cole, porque eu vou a clases de arte e por iso encantoume presenciar a túa arte. Moitas grazas por vir.
Bo día, son Lois e alégrome de poder sentir a marabillosa chegada de Eduardo Hermida. Adoro a arte, sexa en calquera dos seus tipos. Felicidades por todo!!!!!! : )
Ola son Lucas P. de 5º de primaria e quería agradecerte por vir aquí . Disfrutamos moito da túa visita. As túas obras son xeniais ¡Un saúdo !
Ola Edu, son Branca de 5 º de primaria . Encantoume que dedicaras o teu tempo para vir ao noso colexio.Moitas grazas por compartir . UN SAÚDO !!!!!
Un artista que axudou a Canido
por iso eu estou agradecido.
Edu Hermida grazas pola túa arte e vir ao noso colexio.Gabi de 5º de primaria.
Encantoume que viñeras a contarnos a túa historia, Edu, e sobre todo que che poidéramos facer unha entrevista, douche as grazas de todo corazón!!!! ; ) : )
Bo día Edu Hermida, moitas grazas por utilizar o teu tempo con nós. Encántame a túa pintura por iso gustaríame que viñeses a pintarnos ao cole.
Gustoume moito a entrevista feita polos meus compañeiros .Grazas Edu por vir.
Boas Edu, son André, e gustoume moito a túa visita, porque explicaches os feitos que lograches en Canido.
Bos días, son Aroa de 6º de primaria, gustoume moito a túa visita Edu . Encantoume ir ver as Meninas de Canido en directo.
Bo día son Elías, encantoume que Eduardo Hermida viñera ao noso colexio, grazas por vir ! :)
Bo día Edu, son Iker e quero agradecerche a túa visita ao noso colexio do C.E.I.P de Andrade :).
Moitas grazas a Eduardo Hermida por darnos a marravillosa oportunidade de facerlle unha entrevista e contarnos como xurdiu o seu proxecto das Meninas de Canido .
Boas, chámome Xoán e son o teu fan número 1.
Douche moitísimas grazas por vir. ¡Esforzareime ao máximo para poder ir a Canido a dibuxar!
bien
Publicar un comentario