24/3/13

Concurso: FOTOPOEMA


Xuntando a celebración do DÍA DA POESÍA E DÍA  DO LIBRO 2013,
A BIBLIOTECA CONVOCA O CONCURSO:
FOTOPOEMA.
Nesta presentación poderás acceder ás bases do concurso e a todos os poemas que están expostos nos taboleiros da entrada do colexio. Anímate, colle un poema, e deixa voar a túa imaxinación.





23/3/13

Día mundial da POESÍA, tamén con TEATRO.

O xoves 21 celebramos o Día da Poesía. Xuntámonos no Recanto dos Contos e comezou o alumnado de 6º curso facendo unha presentación, na que nos dixeron cousas moi interesantes  sobre a poesía.
Algunha da información recollida nesta presentación, ten como fonte unha páxina do CEIP de Quintela en Moaña. adicada a como ler poesía. Grazas por compartila con todos nós.
Tamén nos comentaron as bases do concurso FOTOPOEMA e cantamos  a canción "María e a poesía" do libro "A nena e o grilo nun barquiño".



Pero o acto central xirou entorno a Frederick, un rato moi especial, que nos axudou a comprender o que un poeta. Na representación teatral deste conto, participaron alumnas e alumnos de varios cursos, dende aquí queremos darlles os nosos parabéns pola súa fantástica actuación . Deixámosvos unha pequena reportaxe.










21/3/13

MOCHILA VIAXEIRA 1º Primaria

As nenas e nenos do 1º curso de Primaria realizan unha fantástica actividade antes de intercambiar a mochila viaxeira. Xúntanse na Biblioteca para comentar o seu contido:

  • O que máis lles gustou de cada un dos libros.
  • As súas opinións sobre o CD de música e o xogo  de PC
  • O que escribiron ou debuxaron  no caderno viaxeiro...

Toda unha sesión literaria  e un intercambio de opinións acerca de música, xogos e sobre todo LIBROS.
Parabéns por esta iniciativa!!!




20/3/13

XORNADAS DE LECTURA LITERARIA



 Asistimos ás Xornadas de Lectura Literaria organizadas polo CFR de Ferrol que baixo o título "Bibliotecas Escolares para Lectores do Século XXI" nos achegan a catro fantásticos autores:  Emilio Pascual, Eliacer Cansino, Carlos Negro e Paula Carballeira e que se desenvolveron en distintas Bibliotecas Escolares da Comarca. 

Recollemos nestes enlaces as reportaxes que Loly Lago foi recompilando no blog "O Segrel do Penedo". Grazas por estas estupendas entradas!!!








12/3/13

AS MULLERES QUE NOS RODEAN...


Dende o xoves, dia 7 de marzo, iniciamos no colexio a exposición oral dos traballos que todo o alumnado do centro realizou con motivo da celebración do "Día Internacional da Muller". 
Co título As mulleres que nos rodean, cada un de nós, incluidos os mestres,  trouxemos unha foto dunha muller moi especial nas nosas vidas, e escribimos un texto breve ou pé de foto. Despois xuntámonos no Recanto dos Contos para presentar os nosos traballos.
Aquí tedes unha mostra:




Na Biblioteca, temos á vosa disposición, unha selección de libros coeducativos, 
que podedes consultar nestes enlaces: 

3/3/13

8 de Marzo, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER.



O día 8 de marzo celébrase o Día Internacional da Muller.


Este curso, estamos levando a cabo un proxecto titulado: "As cores de Galicia", adicado á pintura e á ilustración en Galicia. Co motivo desta celebración, dende o noso cole, queremos adicarlle un apartado especial ás pintoras e ilustradoras galegas, esas mulleres capaces de facer que todo un mundo palpite nos seus cadros e nas súas ilustracións.
Por iso, na Biblioteca, creamos un novo blog e un caderno de actividades.
Enlaces:




Quizais tamén che interese

Related Posts with Thumbnails