Mostrando entradas con la etiqueta entroido 09. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta entroido 09. Mostrar todas las entradas

22/2/09

QUE HISTORIA!!! Entroido 2009.


O venres día 20 celebramos O ENTROIDO.
Despois da busca de información sobre roupas, accesorios, costumes, músicas, danzas... de cada un dos períodos históricos, elaboramos os disfraces e preparamos as actuacións:



E. Infantil: "TROGLODITAS"
Cantan e bailan: "Brut, o Troglodita"
1º Ciclo: "ROMANUS RAPERUS"
Cantan e bailan o rap: "Somos os romanos"
2º Ciclo: "CELTAS E VIKINGOS"
Baile: "Celta Vikingui"
3º Ciclo: "EXIPTO"
Cantan e bailan: "Tutankamon Baby".
Claustro de Profesores: "IDADE MEDIA"
Cantan e bailan: "Mediana Idade???"

E para rematar, degustación de postres típicos de Entroido elaborados polas familias de todo o alumnado do colexio.
Moitas grazas pola vosa colaboración.
FELIZ ENTROIDO!!!!!!!!!!!!


18/2/09

ENTROIDO 2009, de paseo pola HISTORIA ...

No Colexio de Andrade, imos levar ao Entroido "de paseo" por algúns dos períodos mais representativos da Historia Universal:

En Educación Infantil, PREHISTORIA,
No 2º ciclo, Habitantes dos CASTROS e VIKINGOS ,
No 1º ciclo, Civilización ROMANA,
No 3º Ciclo, A CIVILIZACIÓN EXIPCIA,
O Claustro de Profesores, A IDADE MEDIA.

Dende a Biblioteca teremos unha selección de libros, películas, música e información relacionada, para que se poidan resolver posibles dúbidas sobre: hábitos e costumes, vestiario, útiles empregados, música, danzas...



16/2/09

Repoliño e Repoliña.

" REPOLIÑO E REPOLIÑA estan moi enfadados
porque dentro duns días van ser quimados."
Os Entroidos xa chegaron ao colexio e como están tan enfadados, haberá que cumprir os seus mandatos:
O LUNS, PARA VIR AO COLE XENIAL, UN PIXAMA OU UN ORINAL TRAERÁS.
O MARTES, UNS GUANTES E UN MANDIL TRAERÁS E O COLE LIMPARÁS.
O MÉRCORES, SE QUEREDES TER IDEAS FRESCAS POÑEDE UN ESCURRIDOR NAS CABEZAS.
O XOVES, A TÚA CARA FERMOSA PINTARÁS COA MAQUILLAXE E AS TÚAS MANS.
O VENRES, O TEU DISFRAZ PORÁS E POLA HISTORIA PASEARÁS.

Se premes nesta foto poderás acceder á caza do tesouro: "O ENTROIDO TRADICIONAL GALEGO" elaborada no CEIP Mestres Goldar-Vigo.

Quizais tamén che interese

Related Posts with Thumbnails