Daniel Cassany, Glória Durban, Tíscar Lara, Guadalupe Jover, Luis Iza, e representantes de centros de ensino de Galicia que están a desenvolver Proxectos lectores de interese, conformaron o programa dunha actividade anual que concentrou a 1.200 participantes de toda Galicia.Unha ampla reportaxe do desenvolvemento destas xornadas atopámolo no Segrel do Penedo. Grazas Loly por esta crónica tan completa.
Ademais do programa, sempre de gran calidade, é moi agradable atoparse con xente coa que habitualmente só nos relacionamos de maneira virtual, poñerlles cara e intercambiar saúdos. Aínda que tampouco nestas xornadas conseguimos que RAIOTECA e MIK chegaran a coñecerse, a pesar dos esforzos dunha fada de andeis.
Outra vez será!!!
Para rematar dicir que me gustou especialmente descubrir a Guadalupe Jover, a súa sensibilidade, quédome cunha de tantas ideas : "Os nenos e as nenas demandan máis que nunca que lles lean os pais, nais; por telos aí, a súa voz, a súa mirada, ese vínculo afectivo..."
Unha boa idea para transmitir aos pais, nais ou titores/as do noso alumnado.