23/12/14

NADAL NO FONDO DO MAR



Este ano o noso PDI é sobre o mar.
O Nadal que celebramos é: 
"Nadal no fondo do Mar".

Infantil: "Belén no fondo do Mar"
1º curso: "O circo mariño"
2º curso: "Cantando aos peixes das nosas costas"
3º curso: "Surfeiros de Doniños"
4º curso: "Fábula marítima"
5º e 6º curso: "O Belén Mariñeiro"

O enlace aos vídeos de cada unha das actuacións: AQUI



22/12/14

AGASALLOS DE NADAL

A nosa mascota Raioteca envia agasallos de Nadal a todos os encargados e encargadas de Biblioteca, para agradecer a súa colaboración, imprescindible no bo funcionamento da Biblioteca.


BO NADAL E GRAZAS POLO VOSO TRABALLO!!!!


21/12/14

ASOCIACIÓN MUSICAL "MUSICREQUES"

En decembro tivemos no colexio a actuación da Asociación Musical "Musicreques".
Como elas mesmas contan no seu blog:

“Iván e o lobo gris” é unha historia de guión propio na que os monicreques representan un conto con personaxes e situacións típicos dos contos tradicionais rusos. A historia é acompañada da enérxica e maravillosa música das Danzas Eslavas de Antonín Dvórak, interpretadas ao piano en directo. O emprego de diapositivas con debuxos de Iván e outros personaxes do conto, permite coñecer as peripecias do protagonista Iván na súa viaxe polo bosque, complementando aínda máis o espectáculo de música e monicreques.

Ademais do espectáculo de música e monicreques, a Asociación ofrece tamén, aos centros educativos que participen co seu alumnado, unha Guía Didáctica para a realización de actividades complementarias previas e posteriores ao Concerto Didáctico. AQUI
A canción-conto: AQUI

As artífices desta actividade son dúas profesoras do Conservatorio de música de Ferrol, Alma e Loreto.
É un espectáculo moi completo porque combina teatro de monicreques, música en directo, audiovisual e por suposto a maxia que encerran os contos.
Dende aquí queremos darlles os nosos parabéns por esta iniciativa.

Moitas grazas a Alma e Loreto. Ata sempre!!!

14/12/14

CONCURSO: 3ª FASE

Gañadores da 2ª fase do concurso: "UN MAR DE PROBLEMAS"




1º CURSO: FRANCISCO BOUZA CORTÉS
2º CURSO: INÉS REGUEIRO RIAL
3º CURSO: MARTA ORTEGA SILVAR
4º CURSO: HUGO SÁNCHEZ RIAL
5º CURSO: MARÍA RODRÍGUEZ ESPILLA
6º CURSO: LUCÍA FERNÁNDEZ GONZÁLEZ

PARABÉNS!!!!


8/12/14

Xa temos os primeiros gañadores.

O mércores foi o día da entrega de premios para os gañadores da primeira fase do concurso:

"UN MAR DE PROBLEMAS".

De 1º curso: Francisco Bouza Cortés.
Do 2º curso: Nadie respostou correctamente.
Do 3º curso: Lucas Piñeiro Parra.
Do 4º curso: Aroa García Edreira.
Do 5º curso: Sergio Torres Amado.
Do 6º curso: María Beceiro Alvariño.




PARABÉNS !!!

2/12/14

A CIENCIA SAE AOS CORREDORES



Esta semana o concurso "Un mar de problemas" está adicado a cuestións científicas relacionadas co noso PDI "O Mar"

Pasa pola Biblioteca se queres participar.
Tamén podes aproveitar para ver a exposición "A Ciencia sae aos corredores". Nela encontrarás cousas moi interesantes e unha selección de libros informativos que seguro que che axudarán a resolver as preguntas do concurso. 
Anímate a participar!!!!




NOVO RECANTO NA BIBLIOTECA.

Un novo recanto na Biblioteca para que poidades 
darlle vida aos vosos contos favoritos.


30/11/14

25N, non á violencia de xénero.



 O martes 25 de novembro xuntámonos no recanto dos contos para falar do "Día internacional contra a violencia de xénero" , tamén asistimos á representación dunha obra teatral adaptación do conto: "Unha feliz catástrofe", de Adela Turín. O texto AQUÍ
Para rematar cantamos unha canción de Mago de Oz, titulada "Hoy toca ser feliz", cunha mensaxe de optimismo para encarar este terrible problema da violencia de xénero. 






CONCURSO: Un mar de problemas


Pasa pola Biblioteca a recoller o teu carnet de concursante.


17/11/14



16/11/14

RAIOTECA MERGULLADA NUN MAR DE PROBLEMAS.

Estade moi atentos porque estos días 
Raioteca vai necesitar a vosa axuda.








10/11/14

A VERDADEIRA HISTORIA DA CIGARRA E A FORMIGA.

O xoves día 6 de novembro a compañia "O Teatro do Andamio" representou no noso cole a obra titulada: "A verdadeira historia da Cigarra e a Formiga"






6/11/14

O PAÍS DOS MANDÓNS

O 5 de novembro acudimos á Casa da Cultura de Pontedeume para ver  a obra teatral "0 país dos mandóns".
 No País dos Mandóns uns cantos mandan sobre o resto e non permiten que as nenas, as mamás ou as avoas, xoguen, saian ou traballen fóra das súas casas. O cambio destas normas tan inxustas para crear o novo país da igualdade conmemórase o día internacional das mulleres. Cunha linguaxe sinxela, con imaxes con moita carga simbólica, a través da narración, explican como as mulleres e os homes teñen os mesmos dereitos. As súas autoras son Paloma Rodríguez e Cristina Justo. Un conto para reflexionar sobre a igualdade de homes e mulleres.
Integran, por agora, a colección outros dous títulos:"A urna dos desexos" -sobre a democracia participativa e a paridade- e "O segredo de Flora" -ao redor da convivencia e do rexeitamento de calquera tipo de violencia. O nome da colección é: A IGUALDADE CONTA. 








3/11/14

VII FESTA DA FROITA AUTÓCTONA DO EUME.

O venres 31, celebramos no colexio a "VII Festa da Froita Autóctona do Eume", en colaboración coa AGFA (Asociación Galega da Froita Autóctona do Eume).
Nesta ocasión, o alumnado de 6º  preparou un telexornal, para ir conectando cos distintos cursos que nos presentaron, en vivo e en directo, as súas reportaxes sobre a froita elexida:

2º Curso:               A GRANADA
5º Curso:               O KIWI
6º Curso:               A LARANXA     

Despois pasamos á entrega de premios ás mellores cestas de froitas, en homenaxe a Carlos Fornos, un importante membro da AGFA, que faleceu este ano.
Entrega de premios tamén ás cabazas: A máis orixinal, a máis terrorífica e a máis divertida.
Finalmente cantamos tod@s xunt@s : "Todo Natural" e "O rap do Magosto"
Pasámolo moi ben e aprendemos un montón sobre froitas.


29/10/14

DÍA DAS BIBLIOTECAS 2014


O día 24 xuntámonos no Recanto dos Contos para celebrar o "Día das Bibliotecas".
Primeiro limos unha carta que nos enviou Raioteca. AQUI
Despois un grupo de alumn@s de 6º curso representaron unha pequena obra teatral, adaptación da "Biblioteca dos Soños" do libro "A nena e o grilo nun barquiño". AQUI
Finalmente cantamos "O bibliotecario Don Ramón", unha canción ben divertida.
Tamén foi un día con moitas sorpresas, Raioteca deixounos o seu baúl cheo de novas películas e un recanto novo cun fermoso teatriño para que poidamos dar vida aos nosos contos favoritos.
O VÍDEO












23/10/14

COLABORADORES DE BIBLIOTECA


Neste curso 2014/2015 contamos cun bo número de colaboradores na Biblioteca. Tiveron que asinar un compromiso, recibiron unha identificación e os turnos para este primeiro trimestre.
Se tedes algunha dúbida podedes consultar AQUÍ.

Moitas grazas pola vosa colaboración!!!


22/10/14

INICIAMOS UNHA NOVA ANDADURA.


Todo o alumnado do colexio pasa os primeiros días pola Biblioteca para recordar as normas de uso, horario, emprestitos, distribución dos espazos, presentación do novo equipo de alumnos/as colaboradores, club de lectura, hora de ler. 
Raioteca tamén informa de que ademais na Biblioteca podemos escoitar e ver contos, ver películas (de forma autónoma na zona multimedia), navegar por internet (na zona informática), e que temos unha zona de xornais e revistas.
Aquí deixamos unha presentación que recolle os puntos que tratamos no acto de "Apertura da nosa Biblioteca":





11/10/14

TRABALLO EN EQUIPO


15/6/14

VERÁN 2014: Guía de lecturas e Préstamos



Este curso a Biblioteca "Soños de Andel" pon en marcha un novo servizo:

O PRÉSTAMO DE VERÁN.

Todo o  alumnado de Primaria poderá levar libros en préstamo para o verán, e terá que devolvelos ao comezo do vindeiro curso 2014/2015, dentro da mesma bolsa no que lle foron entregados.




Deixámosvos tamén unha guía cun refrescante
"Baño de Lecturas"

BO VERÁN, FELICES E 
REFRESCANTES LECTURAS!!!




9/6/14

ACTO DE CLAUSURA DA BIBLIOTECA 2013/2014







COLABORADORES DE BIBLIOTECA 2013/2014

O noso agradecemento aos colaboradores e colaboradoras da Biblioteca, que tanto aportan á súa boa marcha, renunciando moitas veces ao seu tempo de recreo. 
Moitas grazas, Boas vacacións e Felices Lecturas!!!



1/6/14

10/5/14

Recompilación actividades LETRAS GALEGAS 2014.

No blog de Bibliotecas Escolares de Galicia atopamos varias entradas que recollen actividades e eventos relacionados coa figura de Díaz Castro, autor homenaxeado nas letras Galegas 2014:

Maio, mes das Letras: Xosé María Díaz Castro - I

Maio, mes das Letras: Xosé María Díaz Castro - II

Maio, mes das Letras: Xosé María Díaz Castro - III

Maio, mes das Letras: Xosé María Díaz Castro - IV

MAIOS 2014

O pasado mércores, 30 de abril, como en anos anteriores, celebramos OS MAIOS.
Nesta ocasión o profesorado e o alumnado, coa colaboración das familias, elaboramos tres maios. 

Educación Infantil, participou cun "PALLEIRO"
1º e 2º ciclo de primaria elaboraron un "CRUCEIRO"
o 3º ciclo "O MOSTEIRO DE CAAVEIRO".
Despois da presentación dos maios o alumnado cantou cantigas tradicionais para conmemorar esta data.
Así mesmo participamos no concurso dos maios organizado polo Concello de Pontedeume e, co maio "Mosteiro de Caaveiro", acadamos o 2º puesto.
Tedes as imaxes das diferentes xornadas na galería: Maios Andrade. Maios Pontedeume.
Tamén podedes ver os VÍDEOS.

Parabéns a toda a Comunidade Educativa 
por tan fermoso traballo.

MERCADILLO DE LIBROS

vOs libros proceden de doazóns das familias do alumnado do colexio e do expurgo da nosa Biblioteca.
vPódense adquirir ao precio simbólico dun euro.

vOs cartos recadados serán para axuda da excursión do alumnado de 6º curso.


LIBROS MÁIS LIDOS. AUTORES PREFERIDOS

Consultando a base de datos do programa de xestión da nosa Biblioteca, Proxecto Meiga, confeccionamos unha lista cos libros máis emprestados durante este curso 2013/2014.
Temos unha exposición á entrada da Biblioteca cos dez títulos máis lidos, titulada: “OS NOSOS LIBROS FAVORITOS”, entre os que figuran: El libro inquieto, Os piratas, Hospital de juguetes, Caperucita descolorida, A cabra boba...



Tamén temos unha pequena exposición con libros dedicados por algúns dos autores que este curso pasaron polo colexio: 
Antón Cortizas, Carlos Negro, Xosé Tomás e Antonio Manuel Fraga Allegue. 
Foi unha sorte poder contar con estes fantásticos escritos. 
Moitas grazas a todos!!!


CREAMOS BANDA DESEÑADA EN GALEGO E INGLÉS

Á entrada do colexio podedes ver a exposición dos traballos de banda deseñada, que tomando como tema central o medievo, elaborou todo o alumnado de Primaria. Dende 1º ata 4º en inglés, e no 3º ciclo en galego.
Aquí vos deixamos unha mostra das portadas.

Parabéns polos vosos traballos!!!


4/5/14

CONTACONTOS EN ABRIL

Tamén neste mes de abril recibimos a visita de Inacio (fantoches Baj), un xenial contacontos, que nos fixo pasar uns momentos moi divertidos. Grazas ao Consorcio Editorial Galego por financiarnos esta actividade.





XILDAS.

OS ALUMNOS E ALUMNAS DO 2º CICLO  LERON E TRABALLARON NA CLASE O LIBRO “XILDAS” do escritor eumés Antonio Manuel Fraga Allegue.
Como colofón desta actividade recibiron a visita do autor o día 25 de abril .
Tiveron oportunidade de facerlle moitas preguntas sobre o argumento e personaxes do libro, pero tamén sobre as vivencias relacionadas coa súa vila natal, Pontedeume.
Foi unha sesión moi interesante. O autor agasallounos con esta fermosa presentación. Moitas grazas Antonio e ATA PRONTO!!!








TEATRO EN ABRIL.

O 24 de abril recibimos no colexio á compañía teatral “LEDA” que representaron a obra: “A SÚA VIDA”: Un neno e unha nena que camiñan a súa vida xuntos…
Foi un éxito total. Disfrutamos moito. 
Parabéns a estes dous estupendos actores!!!
Ata pronto.



23/4/14

23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO E DOS DEREITOS DE AUTOR.

Hoxe, no noso cole, celebramos esta data tan especial cunha actividade relacionada coa lectura:
O APADRIÑAMENTO LECTOR.
O alumnado de 6º, 5º e 4º curso apadriñou un lector.
Cada padriño ou madriña recibiron unha chapa identificativa e uns marcapáxinas para agasallar aos seus afillados ou afilladas.



FELIZ DÍA DO LIBRO!!!!!!


6/4/14

PROGRAMACIÓN ABRIL, MES DO LIBRO.








POESÍA 2014




Para celebrar o Día da Poesía comezamos lendo unha carta que Raioteca nos enviou para darnos os parabéns polas poesias que ao estilo Dadaísta creamos en cada unha das aulas. Despois limos o decálogo sobre como non ler un poema, a continuación, cada un dos cursos fixo a lectura do seu poema. Coma sempre, rematamos do mellor xeito posible, cunha cantiga titulada: "María e a Poesía".


FELIZ DÍA DA POESÍA!!!







.

Quizais tamén che interese

Related Posts with Thumbnails