Como elas mesmas contan no seu blog:
“Iván e o lobo gris” é unha historia de guión propio na que os monicreques representan un conto con personaxes e situacións típicos dos contos tradicionais rusos. A historia é acompañada da enérxica e maravillosa música das Danzas Eslavas de Antonín Dvórak, interpretadas ao piano en directo. O emprego de diapositivas con debuxos de Iván e outros personaxes do conto, permite coñecer as peripecias do protagonista Iván na súa viaxe polo bosque, complementando aínda máis o espectáculo de música e monicreques.
Ademais do espectáculo de música e monicreques, a Asociación ofrece tamén, aos centros educativos que participen co seu alumnado, unha Guía Didáctica para a realización de actividades complementarias previas e posteriores ao Concerto Didáctico. AQUI
A canción-conto: AQUI
As artífices desta actividade son dúas profesoras do Conservatorio de música de Ferrol, Alma e Loreto.
É un espectáculo moi completo porque combina teatro de monicreques, música en directo, audiovisual e por suposto a maxia que encerran os contos.
Dende aquí queremos darlles os nosos parabéns por esta iniciativa.

Moitas grazas a Alma e Loreto. Ata sempre!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario