A nosa mascota da biblioteca é moi viaxeira e coma sempre que regresa dunha viaxe, ven cargada de mensaxes e agasallos. Esta vez estivo visitando os campamentos de refuxiados saharauis e coñeceu a Lalia, que lle contou moitas cousas da súa vida no campamento. Tamén nos trouxo moitos libros de Gonzalo Moure, unhas bolsas para levar e traer os libros da biblio e uns amigos contacontos que nos visitarán o martes para contar e cantar.
31/1/12
Raioteca regresa da súa viaxe...

30/1/12
Día Escolar da Non Violencia e a PAZ!
Hoxe, día 30 de xaneiro, data do aniversario da morte de Mahatma Gandhi (1869-1948), celébrase o "Día escolar da non violencia e da Paz" (DENIP) e nesta data o proxecto "Coñecernos para querernos" que estamos a levar a cabo cos rapaces e rapazas dos campamentos de refuxiados sahararuis en Tinduf fainos sentir, se cabe, máis preto de todos aqueles que como eles están a ser vítimas desas guerras esquecidas, eses conflitos ignorados pola comunidade internacional.
Cando eliximos este título para o noso proxecto, fixémolo convencidos do que ese "lema" significaba, fixémolo con plena conciencia do noso obxectivo principal, coñecer a quen está a loitar polos seus dereitos e, na medida das nosas posibilidades, loitar para que eses dereitos algún día, non moi lonxano, sexan recoñecidos e ese exilio ao que levan sometidos 35 anos cese dunha vez e consigan alcanzar un acordo definitivo de paz que permita a libre determinación do pobo saharaui.
E para que nos vaiamos coñecendo velaí tedes "101 imaxes, 101 abrazos para coñecernos, para aprender a querernos" chegados dende Smara para tod@s nós, para tod@s vós.
Hoxe, día da Non Violencia e a Paz, as bibliotecas escolares do Plambe-Ferrolterra implicados, a través do Bubisher, neste fermoso proxecto "Coñecernos para querernos" queremos berrar alto e forte "Deámoslle unha oportunidade á Paz" "Give peace a chance!"

Give peace a chance - John Lennon
5/1/12
COÑECERNOS PARA QUERERNOS
"COÑECERNOS PARA QUERERNOS" é o nome dun proxecto entre un grupo de Bibliotecas Escolares de Ferrolterra con escolas dos campamentos de refuxiados saharauis, coordinado polo escritor Gonzalo Moure. A nosa biblioteca participa neste proxecto.
O primeiro que fixemos foi a elaboración dunha presentación, que é unha breve descripción do lugar onde vivimos, o recinto escolar, as aulas, a nosa biblioteca...; e cada un dos membros do club de lectura relata un pouco da súa vida e fai un debuxo.
Con todo isto elaboramos un libro que enviamos ás nenas e nenos do Sahara, como primeiro paso para coñecernos un pouco millor.
(Para activar a música do slide terás que clicar no icono do altavoz)
Untitled from Jaime F. Pola on Vimeo.
1/1/12
BIBLIOTÓMBOLA E ENTREGA DE DIPLOMAS
O martes 20 celebramos o día da Bibliotómbola de Nadal. Raioteca enviounos unha carta explicando o proxecto que este ano imos levar a cabo con outros centros do PLAMBE Ferrolterra, podedes lela clicando aquí. Tamén ese día fixemos entrega dos diplomas e agasallos aos mellores lectores deste primeiro trimestre e aos encargados de biblioteca. Ademais Raiteca deixounos un cofre cheiño de moedas de chocolate para desexarnos un BO NADAL.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)