21/12/21

NADAL-2021




AQUÍ VOS DEIXAMOS

 RECOMENDACIÓNS LECTORAS 

PARA LER E SOÑAR POR ESTE NADAL.



5/12/21

3 DE DECEMBRO - DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Este pasado venres 3 de decembro celebramos o día da visualización das persoas con discapacidade.
O luns desa mesma semana Raioteca agasallounos cun paraugas para decorar con debuxos e oracións que levasen unha mensaxe significativa, para reflexionar sobre este día.
Abofé que nos quedaron fantásticos e todos e todas sacamos fotos baixo os nosos paraugas, facendo referencia ao lema:
#BaixoOMesmoParaugas



DÍA DA NON VIOLENCIA DE XÉNERO

A nosa mascota Raioteca , agasallounos con diferentes libros da nosa biblioteca Soños de Andel, relacionados coa temática da non violencia de xénero. 
Abofé que nos pareceu un traballo moi educativo e ao mesmo entretido e divertido, pois realmente a nosa tarefa era ler e reflexionar sobre estes libros,  para logo facer unha XINCANA para a concienciación da NON VIOLENCIA DE XÉNERO.
Cando teñamos todas as fotos da nosa xincana pola non violencia, subirémolas ao noso blog.


OS DEREITOS DA INFANCIA- 20 DE NOVEMBRO 2021

 



21/11/21

GRETA E OS XIGANTES- TEATRO DE SOMBRAS

 




Adaptación ao galego do libro "Greta y los Gigantes" de Zoë Tucker e Zoe Persico.

Parabéns a esta rapazada de 6º de Primaria, pola súa participación e elaboración neste teatro de sombras, onde foron quen de xuntar a oralidade da palabra coa necesidade de concienciar ao MUNDO sobre o coidado dos nosos bosques.

ABOFÉ QUE O FIXERON XENIAL!!!

10/11/21

MAGOSTO 2021

 

Aquí vos deixo a cuña publicitaria que fixeron algúns dos rapaces de 5º de primaria , para informarvos  da celebración do magosto.



2/11/21

SEMANA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES








Agradecementos aos locutores Xoán, Gabi e Xandre e tamén aos técnicos Bruno e Mateo.
 Abofé que fixeron un bo traballo!!!
Non podemos esquecernos de agradecer a participación de  Raioteca e Lorolareto, pois foi toda  unha primicia contar con eles.
Non esquezades mirar a mensaxe do espantallo, no patio do colexio.

20/10/21

BIBLIOTECAS ESCOLARES -2021/ 22

"A BIBLIOTECA ESCOLAR TEN A PALABRA"

Ola de novo Raiolectores/as !

Despois de celebrar a HOMENAXE á esta querida e entrañable bibliotecaria da nosa Biblioteca Soños de Andel, emprendemos un novo camiñar neste curso escolar 2021/22, baixo o lema elixido  para as bibliotecas escolares de Galicia, onde se  pon o foco na PALABRA e na ORALIDADE.
Nós, dende a nosa biblioteca Soños de Andel queremos inaugurar a apertura da nosa biblioteca cunha homenaxe  á ORALIDADE entre culturas : Galicia e África, por iso este martes 19 de outubro tivemos connosco ao gran orador camerunés Boniface Ofogo.
Abofé que foi unha xornada de oralidade moi produtiva. Foi todo un pracer escoitar as súas historias.
Grazas Boni, por compartir conosco unha chea de cor e aromas da túa terra africana!!!

PRIMICIA

Tivemos a sorte de que nos presentara o seu novo conto " A paso de tartaruga" no noso centro, pois acababa de saír esa mañá como moi ben dixo el:

 "Acaba de salir del horno, está calentito."

Non podía faltar o seu famoso León Kandinga, escrito por el, e recientemente reeditado por Kalandraka en diferentes linguas. 



10/6/21

TRABALLOS FINAIS DO PDI- SEMENTES NOS ANDEIS

 TRABALLOS FINAIS DO NOSO PDI 
SEMENTES NOS ANDEIS
SEMENTES DE SABEDORÍA
Coidado do noso Medio Ambiente

    Toda a rapazada dende Infantil ata 6º de Primaria recibíu un agasallo de Raioteca e Lorolareto ó principio deste curso escolar 2020/21.
Ese agasallo foi un libro de sementes de sabedoría relacionada co noso PDI.
Agora chegou o momento de gozar deses vosos traballos, que abofé que quedaron estupendos!
Fabulosos traballos !!!

Non esquezades todo o que aprendíchedes para levalo á práctica, e dese xeito ser Superheroes e Superheroínas do Medio Ambiente!!!

4/6/21

DÍA DO MEDIO AMBIENTE

 DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE 
5 DE XUÑO 

A semana vindeira desenterraremos do noso HORTO DA CONCIENCIA , os diferentes materiais que enterramos o curso pasado e que por mor desta pandemia non poidemos finalizar e averiguar que lles pasou.

PENSADE EN VERDE !!!


 HORTO DA CONCIENCIA

Lembrade que tamén iremos subindo todos os traballos que fixéchedes cos libros que Raioteca vos deixou nas caixas coas tablets, relacionados co noso PDI sobre o Medio  Ambiente e  Reciclaxe.

Botade unha ollada a estes vídeos, para concienciarnos da importancia de protexer os recursos do noso   PLANETA .                         

                          
                               


Poema de Jordan Sanchez para o Día Mundial do Medio Ambiente.

POEMA RELACIONADO CO DECENIO SOBRE A RESTAURACIÓN, UNHA INICIATIVA DE NACIÓNS UNIDAS LANZADA PARA O #DíaMundialDelMedioAmbiente CO FIN DE PREVIR, DETER E REVERTIR A DEGRADACIÓN DOS ECOSISTEMAS NO MUNDO.


31/5/21

ENCONTRO CON FRANCISCO FERNÁNDEZ NAVAL- 31 DE MAIO

 

QUE ESPECTACULAR XORNADA  TIVERON HOXE OS RAPACES E RAPAZAS DE 5º E 6º DE PRIMARIA. 

FOI TODO UN LUXO, TER CONNOSCO A ESTE DOMADOR  DE HISTORIAS E EMOCIÓNS!!!
TANTO AS PORTAS DO NOSO COLEXIO , COMO OS MICROS DA NOSA RADIO ESTARÁN SEMPRE ABERTOS PARA  ESTE GRAN ORADOR.
FRANCISCO, MOITAS GRAZAS POLA TÚA VISITA E POLA TÚA SABEDORÍA.

Parabéns á nosa rapazada, pois o fixo magnificamente, tanto técnicos/as, locutores/as, entrevistadores/as e oíntes.

DESFRUTADE DOS DIFERENTES MOMENTOS  DESTE ENCONTRO VENDO ESTES VÍDEOS

                                            ENTREVISTA 

                                               ANÉCDOTAS

                                        

PREGUNTAS 

                                            

                                        

28/5/21

OS CONTOS DA AVOA PEPA- Francisco Naval

 A RAPAZADA DE 5º E 6º DE PRIMARIA XA ESTÁ PREPARADA PARA O NOVO EVENTO QUE TEREMOS ESTE LUNS 31 DE MAIO NA NOSA RADIO PATIO EN DIRECTO, ONDE A SABEDORÍA  E A TRANSMISIÓN ORAL TERÁN ENCONTRO.


12/5/21

LETRAS GALEGAS 2021- RECITAL DE POEMAS - DARÍO A DIARIO


ESPEREMOS QUE O TEMPO O PERMITA E POIDAMOS SEMENTAR TODOS ESTES POEMAS FLORAIS ARREDOR DO NOSO MAIO !

DESFRUTADE MOITO DESTE VOSO RECITAL!!!



AQUÍ VOS DEIXAMOS O VÍDEO COA MONTAXE DO VOSO MAIO.


SEMENTES POÉTICAS E  FLORAIS
 PARA HOMENAXEAR Ó NOSO SALGUEIRO .

Grazas a todos, familias, rapazada e mestres polo voso ben facer!!!


29/4/21

MAIO MES DAS LETRAS E DAS FLORES

 Esta fin de semana xa empeza este MES DE MAIO, cheo de flores e de letras, para desfrutar da nosa Natureza.

Raioteca e Lorolareto déixanvos tarefas e actividades para este mes florido , cheo de poéticas da homenaxeada XELA ARIAS , polas Letras Galegas 2021.

23/4/21

MES DE ABRIL -DÍA DA TERRA, DÍA DO LIBRO- SUPERHEROES CONTRA O PLÁSTICO

                                    ABRIL

              22 DE ABRIL - DÍA DA TERRA
              23 DE ABRIL- DÍA DO LIBRO

RAIOTECA DESÉXAVOS UN MAGNÍFICO DÍA DO LIBRO! DESFRUTADE ESTA FIN DE SEMANA COAS ACTIVIDADES QUE OFERTA O VOSO CONCELLO.

Deixámosvos a ligazón ó noso GALEBLOG, para que desfrutedes do conto que a rapazada de 1º e 2º ilustraron e contaron para o Día da Terra, e a creación feita por Alex de 4º de primaria.

DESFRUTADE DA LECTURA COMPARTIDA DO ESPECTACULAR LIBRO:

  A NENA QUE ABRAZABA AS ÁRBORES





19/4/21

LECTURAS COMPARTIDAS EN FAMILIA


Agradecer a todas as familias que participáchedes nesta proposta.


Podedes seguir enviando vídeos de lecturas compartidas ó longo deste mes de abril.



                                   


                                    

 
 
 







                                                           

                                                                          


                                   

                                  

                                  

                                     

                                 



                                  

                                  

                                  

                                   

                                           

                                            


                                            


                                               


                                              


PARABÉNS A TODOS E A TODAS POLO VOSO BEN FACER!!!



14/4/21

OBRADOIRO DE RADIO- ABRIL 2021

Aquí vos deixamos a ligazón de Ponte nas Ondas,  coa entrada que fixeron ó noso Obradoiro do 13 de abril.

CEIP PLURILINGÜE DE ANDRADE- Obradoiro de Radio con Ponte nas Ondas

13/4/21

ABRIL

MES DO LIBRO

MES DAS LECTURAS COMPARTIDAS EN FAMILIA

MES DAS RECOMENDACIÓNS LECTORAS

21/3/21

DÍA DA POESÍA A BORDO DO VELEIRO VERDE




 FELÍZ DÍA DA POESÍA!!!

Quen o diría?

   Que un veleiro verde nos uniría,

  neste gran día da poesía.

É boa verdade.

Canto talento e calidade 

Ten a rapazada do Andrade.




DESFRUTADE DESTES VOSOS TRABALLOS
 E CELEBRADE ESTE DÍA DA POESÍA,
COA  BOA COMPAÑÍA
DA VOSA FAMILIA!



MÚSICA: "Un veleiro verde" de Uxía Senlle.

PARABÉNS A TODOS E A TODAS POLO BO TRABALLO!!!



9/3/21

MES DE MARZO MARZAL- POEMAS E DEREITOS POR IGUAL


Música : "O son do ar "  Lúar na Lubre  / "Rosalía pequeniña" Uxía Senlle

 

OLA RAPAZADA!!!

ESTOU DE NOVO PARA DARVOS OS MEUS PARABÉNS POLOS VOSOS TRABALLOS.

ABOFÉ QUE QUEDARON XENIAIS!!! 

DÉIXOVOS COS VÍDEOS FEITOS PARA QUE DESFRUTEDES DAS VOSAS CREACIÓNS.
 

23/2/21

ROSALÍA , MULLER E POESÍA

 ROSALÍA , MULLER E POESÍA



MAÑÁ 24 DE FEBREIRO É O DÍA NO QUE NACEU A NOSA POETISA GALEGA 

ROSALÍA DE CASTRO.

PREMEDE NA IMAXE DE ROSALÍA PARA PODER DESFRUTAR DE ACTIVIDADES FEITAS DENDE O

 CEIP SACO E ARCE DE TOÉN.


FELIZ DÍA DE ROSALÍA!!!



DÉIXOVOS AS TAREFAS PARA NESTE MES DE MARZO, CELEBRAR  CONXUNTAMENTE VARIAS EFEMÉRIDES:  


DÍA DE ROSALÍA

DÍA DA MULLER

DÍA DA POESÍA

Botádelle unha ollada a este traballo feito dende o conservatorio de XAN VIAÑO- FERROL, pois atoparedes algúns alumnos do noso colexio. ADIÓS RÍOS, ADIÓS FONTES DENDE O XAN VIAÑO

21/2/21

MONSTROS VERDADEIROS AMEAZAN O PLANETA

 MONSTROS VERDADEIROS

  AMEAZAN O PLANETA



ESPECTACULAR E EDUCATIVO ENTROIDO,


 NESTE FEBREIRO REBULDEIRO!!!



PARABÉNS A TODOS E A TODAS!!!


DESFRUTADE MOITO DESTES VOSOS TRABALLOS!



 


   LEMBRADE!!!

SÓ SUPERHEROES DO

 MEDIO AMBIENTE COMA VÓS, 

FARÁN POSIBLE QUE ESTES

 MONSTROS  VERDADEIROS

DESAPAREZAN  DO  NOSO PLANETA.



SE TODOS E TODAS UNIMOS 

AS NOSAS FORZAS

VENCEREMOS AXIÑA

A ESTAS MALÉVOLAS

E INCANSABLES CRIATURAS

#PORUNPLANETAAZUL

13/2/21

DÍA MUNDIAL DA RADIO 2021

 


13 DE FEBREIRO 2021




Benvidos a todos e a todas a este Novo Mundo da Radio, onde a rapazada fai uso desta gran ferramenta oral, tan potente para unha aprendizaxe entretida e moi educativa. 
Aquí vos deixamos con  este magnífico programa, feito por algún alumnado de 6º de Primaria.

 Temos unha sorpresa!!!  

Estará a nosa mascota Lorolareto en directo!!!
Desfrutade moito véndoa e escoitándoa!!!



Deixámosvos unha ligazón de Ponte nas ondas, para que poidades desfrutar doutros traballos elaborados por moitos outros colexios, que coma nós tamén teñen radio escolar na súa biblio.

PONTE NAS ONDAS

5/2/21

ENTROIDO ECOLÓXICO

 


PREMENDO NA FOTO

 DA NOSA MECA OSAMENTA 

SABEREDES OS MANDATOS 

PARA A SEMANA VINDEIRA.


 


Lorolareto déixavos unha canción de Mamá Cabra do seu Libro: A fraga do meu avó.

"NON SE TIRA NADA Ó CHAN"


Non esquezades ir facendo as vosas máscaras de Monstros verdadeiros  que ameazan o planeta.

Abofé que van quedar sensacionais!!! 

Deixámosvos este Genially para que lle botedes unha olladiña ós monstros que teñen os vosos compañeiros.

Ides aprender moito grazas a este marabilloso libro : 

MONSTRUOS VERDADEROS AMENAZAN  EL  PLANETA 

29/1/21

DÍA DA PAZ 30 DE XANEIRO 2021



Parabéns a todos e a todas os/as que fixéchedes posible este traballo !!!

Moito ánimo, para esas mestras e eses pequerrechos/as que axiña estarán no colexio, para seguir dando ledicia!

LEMBRADE ENCHER DE VALORES 

O NOSO PLANETA , 

COIDANDO MOITO 

O  MEDIO AMBIENTE!!!

Montaje creado Bloggif



MÚSICA;

PAN DE MILLO MIGALLAS- Campás pola paz.

Old Bossa de Twin Musicom está sujeta a una licencia de Atribución 4.0 de Creative Commons. https://creativecommons.org/licenses/by/4.0/

Artista: http://www.twinmusicom.org/


O día 30 de xaneiro tamén se celebra 

o DÍA DA ILUSTRACIÓN


Cada 30 de xaneiro, coincidindo co día do nacemento de Castelao, celébrase o Día da Ilustración. Esta é unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Universidade en colaboración 

Unha data que serve para reivindicar o papel dos profesionais do mundo da ilustración homenaxeando a un ilustrador ou ilustradora histórico galego. Este ano a protagonista é Lolita Díaz Baliño "... unha pioneira artista multidisciplinar que desafiou as convencións sociais da época."


21/1/21

DÍA DA PAZ 2021

 






Ola rapazada!

 O 30 de xaneiro 

o día da Paz será.


Propoñémosvos unha tarefa

 para VALORES e EMOCIÓNS

en coordinación traballar,

cun libro cheo de ilusións

que vos fará imaxinar.

 

Descubre las emociones y los valores con El Principito

Déixovos este Genially  con toda a información que precisades. 

Aprendede moito !!!


Abofé, que os traballos quedarán fantásticos!!!


Quizais tamén che interese

Related Posts with Thumbnails