24/11/13

ACUARIO. María Canosa

A Deputación da Coruña a través da Área de Normalización Lingüística financia un espectáculo poético teatral organizado pola Editorial Embora en colaboración co Teatro dos Ghazafellos e a escritora María Canosa.
Baseado no libro de poemas "Acuario" de María Canosa presentan un recital dramatizado para que as nenas e nenos se acheguen á poesía e a unha sinxela escenografía. Todo elo con descricións rítmicas sobre os peixes e unha pequena historia ao redor da fauna mariña do noso litoral.
A este espectáculo que tivo lugar na Casa da Cultura de Pontedeume asistiron as alumnas e alumnos do 1º ciclo de Primaria. 
Parabéns aos organizadores desta actividade e por suposto á autora e actores e actrices que nos fixeron pasar un tempo tan divertido.
PARABENS!!!

17/11/13

CONCURSO DE DEBUXO: "O Castelo de Andrade"

Co motivo do noso proxecto anual, titulado: "Andrade Medieval" convocamos un concurso de debuxo co tema:

"O CASTELO DE ANDRADE"

BASES  DO CONCURSO:
Tod@s @s que queiran participar terán que recoller unha plantilla na Biblioteca.
Lugar de presentación: Na Biblioteca.
Prazo de presentación: ata o 13 de decembro.
O xurado estará composto por representantes das familias e dos mestres.
Haberá premio para tod@s @s participantes. 
Un premio especial para @s gañador@s (un por cada ciclo).
A entrega de premios será o día 20 de decembro, celebración do NADAL.
Dos catro debuxos premiados será elexido un deles
para facer un mural que decorará o noso colexio
Clica AQUÍ para acceder ao documento completo das bases do concurso .

PREMIO MERLÍN 2013

O pasado 25 de outubro, tivo lugar na Casa da Cultura de Pontedeume, a presentación do libro O CASTIÑEIRO DE ABRIL do escritor eumés ANTONIO MANUEL FRAGA, Premio Merlín 2013.
O acto contou coa participación  de Antonio Seijas (ilustrador do libro), Gabriel Torrente (alcalde de Pontedeume) e de Manuel Bragado (director de Xerais).
O Concello de Pontedeume, a través da Concellería de Educación, agasallou ao noso centro coa doazón de dous exemplares deste libro para a nosa Biblioteca.
Dende aquí queremos felicitar a Antonio Manuel 
por ese merecido premio.
Parabéns!!!


9/11/13

VI FESTA DA FROITA AUTÓCTONA DO EUME.

O mércores 30, celebramos no colexio a "VI Festa da Froita Autóctona do Eume", en colaboración coa AGFA (Asociación Galega da Froita Autóctona do Eume).
Seguindo o noso proxecto anual "Andrade Medieval" deseñamos entre tod@s un MERCADO MEDIEVAL.
Nas clases de Plástica elaboramos un estandarte representativo de cada curso, e fixemos vidrieiras para decorar as fiestras. Ademáis o alumnado de cada curso elaborou receitas con froita de outono, sobre todo, con mazá autóctona. Tamén as familias colaboraron na elaboración de postres con froitos secos, cabaza e mazás. Como resultado final, temos unha recompilación de receitas por cada ciclo.
Antes da degustación de tan saborosos manxares, tivemos un torneo de xogos populares.
Na biblioteca, expusemos unha selección de "Libros sobre o medievo" e unha webquest titulada: "Hábitos saudables".
Para rematar, os premios para as tres cabazas mellor decoradas e para os mellores cestos de froita.



Aquí deixamos o enlace aos traballos de cada un dos ciclos.
Parabéns a todos e todas!!!


NA CLASE DE PLÁSTICA:



2/11/13

RECANTO PARA INTERCAMBIO DE LIBROS.

Este curso comezará a funcionar no colexio un Recanto de Lecturas Compartidas para toda a Comunidade Educativa (nais/pais, mestres, persoal de limpeza...).


Este recanto está situado á entrada do colexio. A idea é que cada persoa que queira participar, deixe un libro e colla a cambio outro dos libros que están nas estanterías. 

É un xeito de compartir lecturas e liberar esos libros que temos nos estantes das nosas casas.
O lema será: 

“O pracer de ler é dobre cando se vive con outras persoas coas que compartir os libros.” Katherine Mansfield



MOCHILAS VIAXEIRAS 2013-2014



Para conmemorar o día da BIBLIOTECA, tamén fixemos entrega das Mochilas Viaxeiras, cun novo contido moi interesante: 
Música, receitas e por suposto para contribuir ao noso proxecto "Andrade Medieval" non podían faltar libros relacionados con lendas, castelos, famosos personaxes desa época...




Aquí tedes o contido da Mochila de cada curso. Esperamos que vos guste e que o disfrutedes en familia.



  


Para conmemorar o día da Biblioteca.

Dende o blog da Asesoria de Bibliotecas Escolares de Galicia chégannos 9 vídeos de boas prácticas, entre os cales está o da nosa Biblioteca. Éste é o enlace:



Aquí o vídeo adicado á nosa Biblioteca "Soños de Andel":


                  
CEIP Plurilingue de Andrade (Pontedeume, A Coruña) from Bibliotecas Escolares de Galicia on Vimeo.


Quizais tamén che interese

Related Posts with Thumbnails