A actividade estrela nestas datas na Biblioteca é
"A BIBLIOTÓMBOLA DE NADAL"
Este ano realizamos xa a nosa terceira convocatoria, recordamos as bases:
1.- Para participar nesta actividade, cada alumno/a terá que traer un libro adaptado
á súa idade.
2.- Que sexa un libro que xa fose lido polo alumno/a.
3.- Que o libro estea en bo estado.4.- O libro terá que vir acompañado dunha ficha, cun comentario persoal ou un debuxo.
Esta ficha será entregada aos que queiran participar.
5.- A finalidade desta actividade é que cada alumno/a teña o seu libro como agasallo dun compañeiro/a da escola.
Os libros estarán expostos por ciclos, e a cada libro asignaráselle
un número, co que entrará no sorteo final.