27/10/13

DÍA DA BIBLIOTECA 2013

O mércores 23 recibimos unha carta da nosa mascota, era unha invitación para celebrar o "Día da Bilioteca" tod@s xunt@s no Recanto dos Contos.
Raioteca deunos a Benvida, falounos do novo proxecto que iniciamos este curso: "Andrade Medieval". Entregounos as Mochilas Viaxeiras, e tíñanos preparada unha sorpresa, un fermoso conto titulado: "O Claro do Bosque" que leron os alumnos e alumnas do 3º ciclo.
Antes de rematar tamén deu as grazas aos encargados e encargadas  que tanto colaboran no bo funcionamento da Biblioteca.
A carta de Raioteca AQUÍ.





        


22/10/13

A TROPA DE TRAPO

O venres 11 de outubro acudimos ao salón de actos do CEIP Couceiro Freixomil para asistir a un espectáculo representado pola compañía "A Tropa de trapo" e titulado: 



ANTÍA, WAMBA E O REGATO PEQUENO é un
espectáculo cheo de música e historias que nos fai
reflexionar sobre valores e esperanzas para un
cambio posible, para un mundo máis xusto.


Esta actividade é organizada polo concello e nela
puido participar todo o alumnado do 2º ciclo de
Primaria dos colexios de Pontedeume.



Grazas aos compoñentes desta tropa, Marta e Brais, por facernos pasar un rato tan divertido.
Ata pronto!!!



14/10/13

AXUDANTES BIBLIOTECA


Neste curso 2013/2014 contamos cun bo número de colaboradores na Biblioteca. Tiveron que asinar un compromiso, recibiron unha identificación e os turnos para este primeiro trimestre.
Se tedes algunha dúbida podedes consultar AQUÍ.

Moitas grazas pola vosa colaboración!!!  

13/10/13

APERTURA BIBLIOTECA.


Comezamos unha nova andadura. Como en anos anteriores, todo o alumnado do colexio pasa estos días pola biblioteca para recordar as normas de uso, horario, emprestitos, distribución dos espazos, presentación do novo equipo de alumnos/as colaboradores, club de lectura, hora de ler. Previamente tivemos unha reunión coas titoras ás que lles entregamos unha carpeta que contén:



  • Guía da biblioteca.
  • Calendario do Libro e a Lectura.
  • Titoriais de Recursos Meiga.
  • En que consiste a "Hora de Ler"?
  • Mochilas Viaxeiras.
  • Decálogo Lector.
  • Itinerarios Lectores. 


Enlace a estos documentos AQUÍ.


BENVIDA AO MEDIEVO.

No primeiro trimestre deste curso 2013/2014 estamos inmersos nun proxecto totalmente relacionado co noso entorno:

"ANDRADE MEDIEVAL"

Como tod@s sabedes a vila de Pontedeume adquiriu gran protagonismo durante o medioevo grazas aos Condes de Andrade quedando daquela época un importante patrimonio monumental.
Dende a Biblioteca estamos elaborando unha selección de material e actividades relacionadas con este proxecto. Xa vos iremos dando conta de todo.
Clica neste enlace para acceder a unhas fermosas fotos do castelo de Andrade, que temos moi preto do noso colexio:



Quizais tamén che interese

Related Posts with Thumbnails