28/2/18

24 de febreiro, DÍA DE ROSALÍA.

Este ano a proposta da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega para a celebración do Día de Rosalía de Castro nos centros de ensino leva por título:  
"Abride a Fiestra"
Propoñen para o venres 23 de febreiro que cada alumna/o elabore, nun soporte que poida ser pendurado nunha fiestra ou pegado na parte interior dos vidros das fiestras, algún elemento iconográfico de Rosalía de Castro e/ou transcriba os seus versos soltos ou poemas completos para lles dar luz desde as fiestras e tentar facelos visíbeis socialmente. 
Esta iniciativa pretende ademais que o alumnado comparta esta celebración coa súa familia e veciñanza. Para isto faranse fotos.
Este vídeo é unha mostra da nosa participación nesta convocatoria.
Grazas a todo o alumnado do Centro que participou con tanto entusiasmo nesta proposta.

Parabéns!!!


14/2/18

ENTROIDO 2018

Este ano o Entroido xira entorno ao tema das novas tecnoloxías
Dende a Biblioteca, aportamos material informativo relacionado con esta temática, exposto no recanto de Roboteca, e tamén o enlace a unha guía que publicamos no Nadal e que recolle unha selección de libros e xogos de robótica:
 "Ler e xogar con robots"
   
Todo o alumnado fixo o seu disfraz. Desfilamos, cantamos e bailamos. Foi moi divertido. Aquí deixamos o enlace ao vídeo das actuacións de cada curso.




Quizais tamén che interese

Related Posts with Thumbnails