19/12/24
RECOMENDACIÓNS LECTORAS POLO NADAL
18/12/24
O LIBRO VIAXEIRO- OS NOSOS CANTOS
Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega deron comezo á andaina do noso cancioneiro e dos vídeos familiares.
Ollade que fermosos vídeos e a aprendizaxe tan importante que extraemos deles!
DIVERSARTE
3 DE DECEMBRO 2024
A diversidade enriquece aos seres humanos!!!
A rapazada estivo a pescudar sobre persoas con diversidade funcional, relacionadas coas diferentes Artes, para dar a coñecer os seus traballos e reflexionar sobre a afirmación:
6/12/24
25N#sementandoslogansporunmundosenviolencia
12/11/24
SamaínARTE
O equipo de dinamización ,estivo organizando xunto co equipo de biblioteca á vindeira semana do Samaín.
As familias xunto co alumnado, participaron na decoración de gorros de bruxa, que están a decorar os nosos corredores, aulas, etc,...
Abofé que lles están quedando terroríficas!!!
Creouse un museo do terror , onde cadros de famosos pintores foron recreados polos diferentes cursos.
Dende a biblioteca, estívose organizando por efemérides dos diferentes meses, obras teatrais para organizar cada nivel educativo.
Neste mes de novembro, a rapazada de 1º de primaria, será a que nos agasalle cun teatro de sombras.
Tivemos un PhotoCall, onde a rapazada dos diferentes cursos realizou fotografías terroríficas en grupo. Saíron fotos con moita Arte .
A nosa radio Lorolareto, propuxo unha actividade, para que o alumnado que queira, veña e conte o seu medo secreto, polos micros.
Seguro que resulta todo un éxito!
24/10/24
DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES- 24 DE OUTUBRO 2024
Neste día tan especial, para as bibliotecas , rapazada de diferentes cursos representeou unha pequena obra teatral, adaptación dun libro da nosa biblioteca titulado : ¿Dónde está la reina? de M. Àngels Comella.
Raioteca agasallounos con este magnífico conto, para aprender Arte, através dun recorrido por tres obras famosísimas do pintor Velázquez, pintor da corte de Felipe IV.
- "Las hilanderas"
- "El retrato del infante Felipe"
- " Las Meninas"
Abofé que resultou unha actividade moi instrutiva e educativa. O alumnado gozou desta función ao mesmo tempo que aprendeu sobre Arte e Historia.
Logo repartíronse as mochilas viaxeiras e as caixas da radio que levan libros de Arte para traballar proxectos nas diferentes aulas, para presentar na nosa radio e biblioteca.
Vai ser toda unha choiva de proxectos artísticos!!!
Deixámozvos cunha presentación de diferentes actividades artísticas levadas a cabo nestes días.
7/10/24
COMEZA A FUNCIÓN!
CURSO ESCOLAR 2024 /25
6/6/24
1ª MOSTRA DE PROXECTOS FIN DE CURSO
Fantástica xornada en comunidade, onde a rapazada explicou ás familias os proxectos elaborados ao longo do curso 2023/24 .
Grazas a toda a comunidade educativa pola vosa asistencia, colaboración e bo facer!!!
5/6/24
DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE- 5 DE XUÑO
4/6/24
UN DÍA MOI ESPECIAL CON TRES FENÓMENOS DO RUGBY NA NOSA RADIO LOROLARETO.
Bo día !
Este 24 de maio foi un día moi especial , pois tivemos tres invitados moi especiais. Un deles o pai de Luís.
Fixemos unha entrevista con todo o noso cariño.
Desexamos que vos guste!!!
Grazas por vir ao noso centro e sementar as vosas aprendizaxes deportivas!!!15/5/24
MES DAS FLORES E DAS LETRAS
Este venres 17 de maio é o día das Letras Galegas, o noso cole está preparado para este acontencemento!
Imos facer un mural no patio cuberto combinando a natureza dos Maios e a homenaxeada das letras Galegas Luisa Villalta, temos aquí unha cuña publicitaria para poñervos ao día!
E agora, despois desta cuña temos algunhas fotos dos nenos de 4º, 5º e 6º organizando os materiais deste mural.
Esperemos que vos guste!
Aquí vos deixamos cos traballos e os resultados da nosa alfombra floral , para celebrar os maios e as Letras Galegas.
Foi todo un sen fin de emocións, natureza e música chea de sementes galegas!
Grazas a toda a comunidade educativa, pola colaboración e a participación e o seu ben facer.
28/4/24
Sementes literarias
17/4/24
ENTREVISTA A UNHA AMANTE DO DEPORTE
12/4/24
APRENDENDO DE PAXAROS
O día 5 de abril tivemos un invitado moi especial, o meu avó Ángel, que é un gran afeccionado aos paxaros.
Ensinounos cousas moi curiosas sobre estas aves, que el mismo cría.
Dende a nosa escola de Andrade, o alumnado de cuarto e quinto de primaria, dámosche as grazas por compartir o teu tempo e a túa sabedoría sobre un tema tan interesante.
Foi todo un pracer e unha aprendizaxe!!!