Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega deron comezo á andaina do noso cancioneiro e dos vídeos familiares.
"Os nosos cantos"
O libro viaxeiro que estamos a facer, convídanos a explorar e documentar as cantigas, ditos, refráns, xogos e adiviñas que foron transmitidos de xeración en xeración. Este traballo de investigación require a colaboración cos nosos maiores, que gardan nos seus recordos estas expresións culturais que enriquecen a nosa identidade galega. Ao recompilar estas manifestacións orais, non só honramos o noso pasado, senón que tamén aseguramos que a lingua e cultura galegas continúen vivas e vibrantes para as futuras xeracións.
Ollade que fermosos vídeos e a aprendizaxe tan importante que extraemos deles!
Ollade que fermosos vídeos e a aprendizaxe tan importante que extraemos deles!
Premede no seguinte enlace para gozar dos vídeos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario