Este mes de Febreiro, o
Libro do Mes é:
"Honorato, o rato namorado"
Cóntase a historia de Honorato, un rato noivo e poeta a quen lle gustaba pintar as palabras de cores. Lía libros de poemas na biblioteca e mesmo compoñía algúns para o seu amor, a Lúa. Enviáballos por unha pomba mensaxeira ou recitáballos dende a rúa.
Pero como ela parecía ignoralo, durmindo despreocupada, instalouse nun calcetín de raias nos soportais, e un día berroulle á Lúa que xa non era a súa noiva.
Pouco despois, desapareceu sen deixar rastro.
A Honorato gustábanlle
as palabras. Pintábaas de cores.
Palabras azuis para falar do ceo,
do mar e, mesmo, do vento.
Palabras verdes para falar
dos campos, das ilusións,
das esperanzas.
Palabras amarelas para falar
da luz, do Sol, do agarimo.
Palabras negras para falar
de guerras, de aldraxes, de tristura.
Palabras laranxas para falar
do tempo, de risas, de amizade,
de xogos, de apertas.
Palabras grises para falar
de enfados, de egoísmos, de tronos,
de treboadas, de invernos.
Palabras vermellas para falar...,
para falar, de amor!
Si, porque Honorato
estaba namorado.
De quen estaba Honorato namorado?...