9/2/09

LECTURAS CON CORAZÓN.


Dende o equipo de Biblioteca pensamos que a celebración de San Valentín é un bo momento para a realización de actividades que nos axuden a expresar sentimentos de afecto.

RAIOTECA propón que lle entreguedes as vosas frases, poemas, relatos ou ilustracións de AMOR e AMIZADE.
"Teñen que ser de creación propia".
Tamén elaboramos unha guía e exposición de "LECTURAS CON CORAZÓN", na que atoparás unha relación de libros clasificados por niveis, nos que o tema principal é o Amor e a Amizade.
Para acceder á guía de lecturas preme na imaxe.
Se queres coñecer a historia de San Valentín, clica neste enlace:
E agora que xa sodes uns expert@s no tema de San Valentín, seguro que acertades todas as preguntas que se plantexan neste xogo.



3 comentarios:

Anónimo dijo...

Estupendo xogo e moi interesante a guía de lecturas. Co voso permiso poreino no Recanto de Mik

Bicos ratunos

Anónimo dijo...

Estupendo traballo.No blog da biblio do Milladoiro, tamén enlazamos o voso xogo. No fondo do mar tamén nos queremos. E lemos...

O Segrel do Penedo dijo...

Parabéns Encarna por ese fantástico xogo que mañá estará na nosa entrada do blog xunto coas bases do concurso de Cartas de Amor.
Grazas pola vosa xenerosidade.
Apertas dende Fene.

Quizais tamén che interese

Related Posts with Thumbnails