6/3/17

QUEIMA DOS MECOS VIAXEIROS

O venres 3 de marzo de 2017  rematou  o Entroido no CEIP Plurilingüe de Andrade.
Entérramos as ganas de troula e gardamos os disfraces.
Queimamos os mecos viaxeiros deste Entroido inspirado nunha viaxe polo mundo.
Aínda que a chuvia estivo presente nesta queima fomos capaces de escoitar o Testamento e queimar os mecos polos males que fixeron.

Aquí tedes un resumo do acontecido en imaxes.










3/3/17

ENTROIDO 2017: UNHA VIAXE POLO MUNDO




Un ano máis, celebramos o Entroido no CEIP de Andrade. O tema elixido foi unha viaxe polo mundo. Así que os nosos mecos, que son moi viaxeiros, foron por todo o mundo: Asia, América, África, Oceanía...  
Os nenos e nenas do cole, prepararon con moita ilusión uns bailes moi marchosos, representando aos distintos continentes do mundo.
Os máis pequenos do cole cruzaron o Océano Atlántico para facer as Américas e ao seu paso por México, descubriron unha danza moi vistosa do estado do Hidalgo. Os bailaríns chamados "matlachines", vestían faldas de cores vivos e túnicas longas.


Os Maoríes foron un pobo moi viaxeiro. Navegando nas súas wakas (canoas) descubriron e colonizaron as illas de Nova Zelanda. Este pobo son os tangata whenua, un pobo indíxena de Nova Zelanda. Chegaron alí fai máis de mil anos dende a súa terra natal na Polinesia de Hawaiki. Hoxe en día, o pobo maorí, representa o 14% da súa poboación.
O alumnado de 1º, prepararou un baile chamado Haka, que este pobo fai con berros e golpes rítmicos para recibir aos visitantes e intimidar aos adversarios.
Na súa andaina polo mundo, estos mecos viaxeiros atoparon moitos nenos e nenas aos que non se lles respectan os seus dereitos. Os rapaces de segundo, prepararon unha canción dos Dereitos Universais, xa que todas as persoas nacemos iguais aínda que teñamos diferentes idiomas, razas ou relixións. Polos distintos países por onde foron pasando estes nenos, fóronse vestindo como os habitantes deses lugares, polo que disfrazáronse con traxes de todo o mundo e cantaron unha canción dos dereitos dos nenos e das nenas.

Os nenos e nenas de terceiro viaxaron a África onde percorreron o famoso deserto do Sáhara. Alí aprenderon unha danza saharaui que troxeron ata Andrade para compartir con todos os asistentes ao festival.
                                       
Da súa viaxe a Brasil os alumnos de cuarto, trouxéronnos un baile con ritmo de samba.
Os nenos e nenas de quinto e sexto fixeron unha viaxe a Asia, onde descubriron os avances da industria cinematográfica da India. Fixeron unha representación dunha canción típica dese país chamada "Marjani", un canto a liberdade.
Despois destas actuacións tan boas, compartimos uns doces de Entroido que as familias fixeron na casa.



O Concello de Pontedeume estivo presente no cole, e cando estabamos rematando a degusntación de doces típicos destas festas recibimos a visita duns zancudos.


Quizais tamén che interese

Related Posts with Thumbnails