Comezamos un novo curso e temos novos encargados.
Os "veteranos" de 6º e os alumnos de 5º de primaria que son encargad@s nóveles.
Todos eles están moi ilusionados nesta nova andaína que teñen por diante.
Aquí vos deixamos as súas fotos. Parecen contentos...!
Neste curso 2015/2016 contamos cun bo número de colaboradores na Biblioteca. Tiveron que asinar un compromiso, recibiron unha identificación e os turnos para este primeiro trimestre. Se tedes algunha dúbida podedes consultar AQUÍ.