15/12/13

Que regalar? "Un libro polo Nadal".

Na entrada do colexio tedes a exposición dos libros recomendados para este Nadal.
O lema: 
QUE REGALAR? 
"UN LIBRO POLO NADAL".





11/12/13

LECTURAS NADAL 2013

Este ano as nosas recomendacións de lecturas polo Nadal, en formato calendario.
Dentro tedes un libro esperando por vós. Entrade, mirade e seguro que o atoparedes.
Clica na foto:


10/12/13

10 de decembro, DÍA DOS DEREITOS HUMANOS

Unha recompilación dos Dereitos Humanos realizada polo alumnado, cunha ferramenta web chamada Toondo:





Unha webquest elaborada dende a nosa Biblioteca:




8/12/13

A TRASTENDA DOS CONTOS. Caxoto Contacontos.

O mércores 4 de decembro, recibimos no colexio a visita de Caxoto Contacontos.
Acudiu para pasar revisión médica entre o alumnado do Centro, e detectar e erradicar o Virus Vacilón de Mach ...., principal causa da enfermidade do Machismo. Receitounos unha pócima que a tod@s nos pareceu moi apetecible: 

"Contos vellos, novos finais".
Pasamos un rato moi divertido, e dende logo quedamos vacinados contra o machismo.
Deixámosvos o enlace á súa páxina en facebook:

E a reportaxe fotográfica.
Moitas grazas Caxoto, e ata pronto!!!



Roteiro Plambe-Ferrolterra (XVI)


O mércores 6 de novembro, tivo lugar a primeira xuntanza do Grupo Plambe-Ferrolterra no Segrel do Penedo, a Biblioteca do IES de Fene, onde a nosa compañeira e amiga, Loly Lago, acompañada por algúns dos membros do equipo da Biblioteca, fíxonos un estupendo recibimento, con café e lambonadas incluídas.
Aquí vos deixamos o enlace á  reportaxe do Segrel, que recolle o que alí falamos e acordamos.

Grazas Loly!!!

1/12/13

"A Historia dos Bonobos con lentes"

Informamos que xa están na Biblioteca as preguntas relacionadas co conto "A Historia dos Bonobos con lentes", seguro que se estivéchedes atentos na representación teatral do 25 N, non teredes problema en respostalas. 
Haberá un pequeno agasallo para tod@s @s 
que respostedes correctamente. 
Moita sorte!!!



25N: Un vídeo, un conto, unha canción

Cada 25 de novembro celebramos o Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
Este curso, xuntámonos no Recanto dos Contos para: 
  • Ver un vídeo, que traducimos ao galego, e que se titula: "Because I'm a girl",  "Porque son unha nena". María, do 5º curso, foi a encargada de ler o texto.
  • Representar un conto: "A historia dos Bonobos con lentes". Na representación teatral participaron alumn@s do 2º ciclo e de E. Infantil.
  • Cantar unha canción: "Se acabaron las lágrimas" de Huecco
Foi unha xornada que nos serviu para reflexionar e chegar á conclusión de que:

MOITOS SERES PEQUENOS, FACENDO PEQUENAS COUSAS,  
PODEMOS CAMBIAR O MUNDO.

O VÍDEO, Clicando AQUÍ, letra en galego.



A REPRESENTACIÓN TEATRAL, clicando AQUÍ, resumo do conto para representar.




A CANCIÓN, clicando AQUÍ, a letra.


Para rematar, entregamos un par de lentes a cada alumn@ do centro, tanto nenas como nenos. De maneira simbólica, en relación ao conto dos bonobos,  para recordar que 
todas e todos temos os mesmos dereitos.

Quizais tamén che interese

Related Posts with Thumbnails