28/3/23

CONTOS MUSICADOS


Este 29 de marzo, temos o pracer de contar na nosa biblioteca, con Paco Nogueiras.

A rapazada de Infantil , 1º e 2º de primaria poderá gozar de todo o espectáculo, onde Paco Nogueiras  nos deleitará cuns libros musicados da editorial Kalandraka.

Esperamos que desfrutedes moitísimoooo!!!





Que fantástico momento!!!


Toda a rapazada gozou moitísimoooo!
Grazas a Paco Nogueiras por musicar estes divertidos e magníficos contos.


DÍA DA POESÍA

 




Xa o dicía Antonio García Teijeiro 

"A POESÍA  É NECESARIA".

Na semana da poesía, a rapazada

 do noso colexio, elaborou diferentes

 actividades , onde a arte de enfiar

 palabras  rimadas e ilustradas

        fíxose tremendamente necesaria.


A rapazada de 2º de Primaria, foi ao paseo de Pontedeume, invitado polo Concello, para celebrar unha sementeira de versos, onde cada neno/a levou a súa flor cun poema que puxo no campo , para que eses versos sementados percorran a natureza . Tamén, leron un poema.

 Foi toda unha experiencia!

Todo o alumnado , estivo creando poesía e arte con versos: caligramas, pareados, etc...

Deixámosvos cunha montaxe onde podedes ver unha pequena mostra do que se estivo a facer.

Parabéns a todos/as  polo voso ben facer!!!



18/3/23

#8M - MULLERES NAS ARTES GALEGAS



 Bos días, no noso colexio todos os cursos estivemos a facer unhas fabulosas caixas con moita información das galegas nas artes para celebrar o Día da Muller - 8M.

Cada curso fixo unha diferente.

Neste caso 4º Ed.Infantil fixo a unha magnífica ilustradora e profesora de debuxo e plástica chamada Abi Castillo.

E os nosos nenos de 5º Ed.Infantil fixeron as magníficas e fabulosas cantantes galegas, As Tanxungueiras!

Os nenos e nenas máis maiores de Infantil fixeron a Rosalía de Castro unha poeta e escritora que case todos coñecemos.

1º Ed.Primaria fixeron a Maruja Mallo unha marabillosa pintora.

Continuamos con Luz Casal que é unha fabulosa cantante; neste caso encargouse o alumnadode  2ºEd.Primaria.

Os nenos e nenas de 3º/4º de Ed.Primaria prepararon unha magnífica caixa de Lucía Freitas, unha boa cociñeira con unha estrela Michelin en dous restaurantes.

Os nenos e nenas de 5º de Ed.Primaria colaboraron cunha caixa de Guadi Galego que é unha música moi famosa.

Nós, os nenos de 6º de Ed.Primaria fixemos a Concepción Arenal foi unha experta xurídica, pensadora, xornalista, poeta e autora dramática española.

Por aqui abaixo vos deixamos varias actividades relacionadas con este día.

Desfrutade do vídeo que algún alumnado, xunto con mulleres da súa vida, realizaron para visualizar os seus traballos como mulleres.

Moitas grazas a todas pola vosa magnífica colaboración.

#ASMULLERESDAMIÑAVIDA


Cuña publicitaria do noso traballo, elaborada pola nosa rapazada de 6º de primaria.




EXPERIENCIA NA NOSA CONTORNA

 SAÍDA PARA CONCIENCIAR  AO NOSO ALUMNADO DE:

*ALIMENTOS DE PROXIMIDADE.

* ALIMENTACIÓN SAUDABLE .

* COÑECEMENTO E RESPECTO ÁS AVES .

Este pasado xoves 9 de marzo , tivemos unha baixada a Pontedeume, para coñecer de primeira man , o mercado, a súa historia, os seus produtores e  produtos de cercanía, e tamén coñecer no Gadis, os diferentes etiquetados e alimentos saudables  que debemos ter en conta para poder coidar a nosa saúde.

Foi toda unha experiencia, que rematou no paseo marítimo para facer unha observación de diferentes especies de paxaros que habitan ou están de paso na nosa contorna.

Deixámosvos cunha montaxe , onde podedes comprobar os sitios que visitamos.


Agradecemos a colaboración de todas as persoas que fixeron posible que a nosa aprendizaxe  da contorna, fora moi educativa e formativa.

Quizais tamén che interese

Related Posts with Thumbnails