23/1/14
CUESTIONARIO NELSON MANDELA
Pon a proba os teus coñecementos sobre a vida de Mandela resolvendo este cuestionario.
Boa sorte!!!
O AUTOBÚS DE ROSA
O vindeiro mércores xuntarémonos no Recanto dos Contos. O alumnado do terceiro ciclo ofrécenos a lectura dun conto relacionado co tema ao que adicamos a PAZ 2014, o Apartheid e a igualdade das razas na figura de Nelson Mandela. A través deste conto, "O Autobús de Rosa" coñeceremos outra figura importante do movemento polos dereitos civís en Estados Unidos, en especial por terse negado a ceder o asento a un branco, o seu nome: Rosa Parks .
19/1/14
MÚSICA DE CORES
Música de cores é a proposta que fai Axuda en Acción para traballar o Día Escolar da Paz e a Non Violencia, que se celebrará o próximo 30 de xaneiro. O material pretende unir a toda a Comunidade Educativa (docentes, alumnado, persoal non docente e familias) a través dunha reflexión sobre as barreiras que nós mesmos levantamos para protexernos do medo, e que provocan aínda máis medo e intolerancia. Ademais esta actividade ten como obxectivo infundir no alumnado a necesidade de comprender o por que das cousas e buscar formas de vencer eses medos en vez de evitalos, así como construír un mundo máis xusto mediante a promoción do diálogo.
Clica na foto para acceder aos materiais.
Clica na foto para acceder aos materiais.
4/1/14
Gañadores concurso de debuxo: "O Castelo de Andrade".
Parabéns aos gañadores e gañadoras do concurso:
A continuación, a reportaxe fotográfica da entrega de premios, e os debuxos gañadores.
Clicando AQUÍ, o diploma que foi entregado aos participantes.
Clicando AQUÍ, o diploma que foi entregado aos participantes.
Moitas grazas pola vosa participación.
AXUDANTES DE BIBLIOTECA.
Desde aquí, desexámoslles un BO NADAL aos colaboradores de Biblioteca, e o noso agradecemento pola súa labor.
Ao remate do festival, Raioteca tíñalles preparado un agasallo sorpresa.
Ao remate do festival, Raioteca tíñalles preparado un agasallo sorpresa.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)