Clica na foto para acceder aos materiais.
19/1/14
MÚSICA DE CORES
Música de cores é a proposta que fai Axuda en Acción para traballar o Día Escolar da Paz e a Non Violencia, que se celebrará o próximo 30 de xaneiro. O material pretende unir a toda a Comunidade Educativa (docentes, alumnado, persoal non docente e familias) a través dunha reflexión sobre as barreiras que nós mesmos levantamos para protexernos do medo, e que provocan aínda máis medo e intolerancia. Ademais esta actividade ten como obxectivo infundir no alumnado a necesidade de comprender o por que das cousas e buscar formas de vencer eses medos en vez de evitalos, así como construír un mundo máis xusto mediante a promoción do diálogo.
Clica na foto para acceder aos materiais.
Clica na foto para acceder aos materiais.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario