9/6/23

SEMENTANDO PATRIMONIO ECOLÓXICO-NATURAL E CULTURAL NA NOSA CONTORNA

 

Neste curso o noso proxecto integral de centro levou por título:
Sementando patrimonio ecolóxico-natural e cultural na nosa contorna.

Déixovos unha significativa recopilación das actividades, saídas, obradoiros que estivéchedes a facer ao longo deste curso escolar 2022-2023.
Lembrade a importancia que é respectar a  contorna onde vivimos , pois soamente hai un Planeta e entre todos debemos coidalo e aloumiñalo.
Desfrutade deste verán, lendo moito en natureza e respectando o noso patrimonio.

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE- 5 DE XUÑO DE 2023

Teño que dicirvos que a rapazada de 6º , 3º e 4º de primaria , estivo elaborando un programa de radio, para dar oralidade ao problema que existe neste século co uso dos plásticos dun só uso. Cando tivemos a visita de Estefanía Padullés , para presentar o seu libro "María Pita e a pirata", un dos rapaces de 6º de primaria lera o libro " Un mundo para Maruxa", lectura que abordaba esta problemática do plástico, e decidiron facer este podcast de concienciación ecolóxica, para celebrar este día do medio ambiente.
Quedoulles moi ben!!! 
Parabéns a todos e a todas!!!


 Ao  longo desta semana, do 5 de xuño, a rapazada está a facer a lectura de diferentes libros relacionados co coidado do medio ambiente, para concienciarnos da importancia de coidar e respectar a nosa Natureza. Estarán a sementar Arte e natureza co fin de facer unha reflexión medio ambiental na procura de salvar o noso Planeta Terra.

Farán un vídeo onde recomendarán o libro, xunto coa creación dun código QR  que te dirixirá á recomendación.

Están a quedar xenial!!!





Que colosal traballo feito pola nosa rapazada!!!

Se queredes ver as recomendacións destes contos mirade ben a presentación que vos deixamos  cunha recopilación dos traballos feitos para esta semana do Medio ambiente.
Desfrutade moito deles!


RECOMENDACIÓNS LECTORAS - VERÁN 2023

 

Ola rapazada, estades desexando que cheguen as vacacións de verán, pois abofé que xa precisades un merecido descanso, pero non debedes esquecer a lectura neste tempo de lecer na praia, no campo, na montaña,etc,...; por iso vouvos deixar unhas recomendacións lectoras das que podedes gozar este verán.
E xa sabedes o que din:
                               Se  queres aventura,
                                 lánzate á lectura.

Quizais tamén che interese

Related Posts with Thumbnails