Esta vez tamén recitan mestres, e dúas alumnas de 3º curso, creadoras de poesías con temática do MAR, que escribiron nos cadernos viaxeiros das mochilas.
PARABÉNS A TOD@S POLA VOSA PARTICIPACIÓN E POLO BEN QUE O FIXECHEDES.
Estos días, dous dos espazos máis populares da nosa Biblioteca están sendo:
O RECANTO DOS MONICREQUES. Sobre todo, os máis pequenos, disfrutan dándolle vida aos personaxes dos contos.
AS NOSAS RECOMENDACIÓNS. Se tedes dúbidas sobre que libro levar en empréstito, podedes votar unha ollada ás recomendacións dos vosos compañeiros e compañeiras.
Seguíndolle a pista ás mochilas viaxeiras e aos cadernos, atopamos unha xuntanza moi interesante no 1º curso, e unhas preciosas ilustracións do alumnado de 3º curso. Parabéns!!!