08/02/10

CONTACONTOS DE KALANDRAKA.

Recibimos a visita de dous fantásticos contacontos da Editorial kalandraka:

PABLO e PATRICIA.
Non só nos contaron varios contos, senón que tamén tocaron uns instrumentos moi orixinais e ensináronnos unhas fermosas cancións. Foi unha actividade moi completa e divertida. Disfrutamos moito e esperamos que non tarden moito en volver.

PARABÉNS e ATA PRONTO!!!
Deixámosvos AQUÍ, un enlace á páxina de Pablo e un vídeo que recolle algúns momentos desta sesión.


06/02/10

Un OpenOffice para Alumn@s de Primaria.

Un OpenOffice pensado para o alumnado entre 7 e 12 anos:



Descarga AQUÍ.

Vía blog de antonioxalonso.

CONSUMO RESPONSABLE.

"MUCHA GENTE PEQUEÑA,
EN
LUGARES PEQUEÑOS,
HACIENDO
COSAS PEQUEÑAS,
PUEDE CAMBIAR EL MUNDO
"
Eduardo Galeano.

02/02/10

A ESCOLA DOS SENTIMENTOS III

O venres celebramos no colexio o día da PAZ, e entre tod@s completamos unha réplica do cadro do pintor galego Leandro Lamas, titulado:
"A Escola dos Sentimentos".
Cada curso aportou unha peza deste crebacabezas e transmitíronnos os seus sentimentos de PAZ coa lectura de frases e poemas de creación propia. Para rematar, cantamos e bailamos a canción máis popular entre os rapaces e rapazas do cole, titulada “AMIGOS DEL CORAZÓN”.
Aquí deixamos a reportaxe fotográfica:

31/01/10

RECOMPILACIÓN DE MATERIAIS DÍA DA PAZ.

No blog da Biblioteca do IES Sánchez Cantón atopamos unha orixinal ligazón a todas as fántasticas recompilacións de materiais para o Día da PAZ que elaborou a nosa amiga Gracia dende o blog Trafegando Ronseis. Moitas grazas as dúas.

Preme na foto:


28/01/10

APORTACIÓNS DE PAZ.


No blog da Biblioteca do IES Sánchez Cantón atopamos este interesante traballo sobre a PAZ:



Un fermoso cartel dende o IES Río Cabe de Monforte



Unha fantástica recompilación de materiais dende o blog "Trafegando Ronseis"
Preme na foto:




Outro recopilatorio de traballos de PAZ: Aquí

E a MÚSICA que non nos falte nunca, dende o blog da Biblioteca do IES de Fene este recopilatorio de música pola PAZ:




26/01/10

A ESCOLA DOS SENTIMENTOS II

Seguimos a traballar no cadro do pintor galego Leandro Lamas titulado:
"A escola dos sentimentos".
Nesta ocasión son un grupo de alumn@s de 2º ciclo:
Deixámosvos cun vídeo dalgunhas das obras deste fantástico pintor:



25/01/10

A ESCOLA DOS SENTIMENTOS


Estamos preparando a celebración do DÍA DA PAZ. Este curso traballamos tod@s xunt@s , dende Infantil ata 6º de Primaria, na realización dunha réplica dun cadro dun dos nosos pintores favoritos: Leandro Lamas. O título desta obra é:

"A ESCOLA DOS SENTIMENTOS."

O día da PAZ, cada curso presentará a súa parte da obra, e entre tod@s completaremos o cadro que quedará exposto na sala de usos múltiples.

O artista galego Leandro Lamas gústanos sobre todo polo uso que fai da cor, a infinidade de detalles nas súas composicións e a alegría que transmiten. A pintora Noa Persán dixo da súa obra que é "como darse un refrescante y jugoso chapuzón en un infinito mar de gominolas".
Ver mais no seu blog e na súa páxina en ArteLista.

Nestas fotos vemos a un grupo de sexto curso realizando a súa parte do traballo. Durante esta semana seguiremos a evolución desta actividade.

A ESCOLA DOS SENTIMENTOS on PhotoPeach



18/01/10

RECUPERANDO A MEMORIA.


RECUPERANDO A MEMORIA é unha biblioteca itinerante, con base na Biblioteca Municipal Castelao de Betanzos. Unha campaña de animación á lectura, que nace da colaboración entre o Concello de Betanzos(Concellería de Muller, Infancia e Familia), a fundación La Caixa e o colectivo Marimanta.
Partindo dunha colección de libros cuio tema principal é a doenza do Alzheimer, a campaña pretende non só informar ás nenas e nenos sobre esta realidade, senón tratar de sensibilizar ás novas xeracións sobre a importancia das relacións interxeracionais.



Posto que neste segundo trimestre contamos no colexio con esta biblioteca itinerante, centraremos a actividade de "Lecturas compartidas coas familias" no tema: RECUPERANDO A MEMORIA, pediremos a colaboración dos avós e avoas para a lectura e propostas de traballo de cinco títulos:

"O derradeiro xogo de mans" 6º Primaria

"O escaravello do avó Xaquín" 5º Primaria

"A fada do Alzheimer" 2º Ciclo de Primaria

"A veciña de Migueliño" 1º Ciclo de Primaria

"Teño unha avoa diferente as demais" E. Infantil

12/01/10

PAZ 2010: "Proposta de libros e cine..."

Folleto de propostas de lecturas e cine para Educación Infantil e Primaria:

RECURSOS PARA O "DÍA DA PAZ"

Dende o blog da Biblioteca Mestres Goldar chéganos esta completísima recompilación de recursos para utilizar nas aulas. Preme na foto:


Unha adaptación do conto "Wangari y los árboles de la paz" da editorial Ekaré, que comparte con nós Sabela Lahuerta.


Unha presentación con carteis de Paz, que nos envian dende o blog da biblioteca do CEIP de Esteiro.



06/01/10

ILUSTRACIÓNS DE ANO NOVO.

Grazas ao Recanto de Mik descubrimos un fantástico blog de ilustración, Pinzelladesal món. Neste blog atopamos estas ilustracións adicadas ao Ano Novo.

FELIZ 2010!!!


05/01/10

CONTOS DE REIS E DE NADAL.

Libro escrito por Miguel Vázquez Freire e ilustrado por Xosé Tomás, contén na súa primeira parte catro contos de Reis:
"A mañá do monstro"
"A noite de Reis da Princesa"
"Marquiños quería un balón"
"Xandro e Tomé"


E na segunda parte, tres contos de Nadal:
"A viaxe de Fátima"
"O home que reconstruía a súa casa"
"O señor Scrooge tiña razón"


En Contos de Reis hai nenos aos que os Reis Magos nunca lles traen o que piden; nenas que cando chegan os Reis Magos aínda están espertas, e nenos, coma Xandro, que pese a que os Reis Magos si lles traen o que lles piden só son felices cando comparten os xoguetes con outros nenos que teñen menos.
En Contos de Nadal hai mulleres que foxen da guerra e da fame e queren que o seu fillo naza en Europa; e hai homes que constrúen de novo a súa casa cada vez que unha bomba a destrúe.

31/12/09

FELIZ 2010




25/12/09

IMOS CONTOS A BELÉN!



O martes 22
celebramos no colexio o FESTIVAL DE NADAL coa representación teatral do conto: "Imos contos a Belén". Unha adaptación ao galego do libro escrito por Ana Mª Romero Yebra e ilustrado por Ximena Maier, titulado: "Vamos cuentos a Belén".


En cada curso eliximos uns contos; Carapuchiña, O Soldadiño de Chumbo, Brancaneves, O Ratiño Pérez, Pinocho, Polgariño, Os Tres Porquiños e outras moitas coñecidas personaxes que corren cara o portal de Belén...
Related Posts with Thumbnails