18/12/18


PARA ESTE NADAL 

PIDE MOITOS LIBROS 

A MELCHOR, GASPAR E BALTASAR.

  NON PERDAS UN MOMENTO    

DE   DIVERTIMENTO, 

 POIS OS LIBROS,

              SON TODO UN INVENTO.


 RAIOTECA FELICÍTAVOS O NADAL
 E DÉIXAVOS RECOMENDACIÓNS
 PARA LER 
NESTAS DATAS

 DE LECER.


13/12/18






Aquí vos deixa Raioteca, a actuación que os bibliotecarios e bibliotecarias fixeron para celebrar o 25 N.

Este conto vai adicado a todas as princesas e príncipes que tecen tristeza e bordan silencio, para que vaian na procura dos seus soños.

   Pinchade na imaxe , para ver galería de fotos 

Desfrutádeo moito!!!




25/11/18

RAIOTECA,  DÉIXAVOS O CONTO ADAPTADO  E ILUSTRADO,

POLO ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA .

"FREDERICK NAS FRAGAS DO EUME"


2/11/18


RAIOTECA PRESÉNTANOS AO SEU NOVO AMIGO FREDERICK , 

QUE LLE AXUDARÁ A COÑECER O NOSO PARQUE NATURAL DAS 

FRAGAS DO EUME.






BIBLIOTECARI@S INTERPRETANDO  E REPRESENTANDO  UNHA ADAPTACIÓN 

DO CONTO  "FREDERICK"  DE LEO LIONNI. 



FREDERICK NAS FRAGAS DO EUME

GRAZAS A TOD@S POLA VOSA ATENCIÓN E COLABORACIÓN.

PASAMOS UN BO INTRE !!!





21/10/18



RAIOTECA agasallou cun DIARIO moi colorido, para que ao longo deste curso  @s bibliotecari@s foran apuntando as súas lectoaventuras diarias.



PAUTAS PARA ESCRIBIR E LER UN DIARIO



@S BIBLIOTECARI@S RECITANDO CON MOITO ENTUSIASMO  POEMAS DA ESCOLA AO ALUMNADO DO COLEXIO.

PARABÉNS A TODOS E TODAS POLA VOSA ILUSIÓN EN RECITAR E LER POESÍA .
POIS COMA BEN SABEDES







 ONDE AS BIBLIOTECAS ESCOLARES ADICAN ESTA NOVA ANDAINA Á POESÍA. 

@S BIBLIOTECARI@s facendo o seu contrato






     Este é  o lema que a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional  propón ás bibliotecas escolares para o curso 2018/2019, como chiscadela para descubrir a poesía que nos rodea, apoiándonos nos recursos e nas posibilidades da biblioteca escolar.



NURIA DÍAZ




 foi a ilustradora convidada a interpretar este lema e a compoñer este fermoso cartel.







Aquí vos deixamos unha foto d@s nos@s nov@s  bibliotecari@s de 5º e 6º de Primaria, que neste curso xa que a temática adícase á poesía, están agrupados en oito grupos poéticos , onde cada grupo encargarase dun POETA.
MOITO ÁNIMO!!! 
Grazas , por estar colaborando neste proxecto de bibliotecas escolares, onde vós sodes @s protagonist@s.


18/6/18

GUÍA LECTURAS VERÁN 2018

Se clicas nesta foto poderás acceder á guía de lecturas verán 2018:
"SE QUERES AVENTURA, CULTIVA A LECTURA"


https://drive.google.com/file/d/1BwoslbQmpObn00-61Gb5Y76nV5xNzHCi/view?usp=sharing




BO VERÁN A TOD@S E 
MOI FELICES LECTURAS!!!


















4/5/18

A MALETA DA IGUALDADE.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e maila Secretaría Xeral de Igualdade presentaron as maletas da Igualdade. 
Trátase dun recurso bibliográfico formado por libros de lectura para o alumnado (de infantil, primaria e secundaria) e mais para o profesorado. 
A súa finalidade é aportar aos centros un recurso que poida contribuír a traballar sobre a corresponsabilidade, a diversidade, os estereotipos, o feminismo, a historia das mulleres, a identidade, as relacións de parella, a violencia de xénero...
A maleta para infantil e primaria contén 43 títulos (a práctica totalidade, álbum ilustrado).
Esta maleta estivo no noso centro e axudounos a coñecer novos libros moi interesantes.




Dende a Biblioteca temos elaboradas dúas listaxes de Libros Coeducativos en Pinterest, nestes enlaces:


 
 

26/4/18

DÍA DO LIBRO 2018.


Para celebrar o DÍA DO LIBRO, a nosa mascota Raioteca propón un xogo  que leva por título: "Adiviña quen son…"
Despois de escoitar unhas pistas, temos que adiviñar de que conto se trata. Nesta ocasión son contos clásicos, un para cada curso, dende infantil ata 6º de Primaria.
A continuación fixemos pública a lista dos 10 libros máis lidos, que serán expostos no vestíbulo do cole (os Top 10).
Despois entrega de premios aos mellores lectores.
E tamén un agasallo para os encargad@s de Biblioteca.
Para rematar cantamos tod@s xunt@s unha fermosa canción titulada "O Libro".
Nesta presentación temos o desglose destas actividades, e tamén, por suposto, unha pequena reportaxe fotográfica.

FELIZ DÍA DO LIBRO!!!




25/4/18

ACTIVIDADE CON CÓDIGOS QR

Dende a Biblioteca plantexamos unha actividade para realizar en todos os cursos de Ed. Primaria, de 1º a 6º:


COÑECEMOS A BIOGRAFÍA DA ESCRITORA HOMENAXEADA  NAS  LETRAS GALEGAS 2018,
A TRAVÉS DE CÓDIGOS QR.

En cada curso teñen que completar unha ficha, buscando a información contida nuns enlaces, aos que acceden mediante a lectura dun código QR.





2/4/18

Celebramos o día da POESÍA 2018


O venres celebramos o día da poesía.
Raioteca quixo dar os parabéns  aos participantes no certame POESÍA E TECNOLOXÍA, e entregamos un agasallo para cada un deles. 
Iniciamos o recitado dos poemas, só un por cada curso,  despois das vacacións continuaremos co resto das poesías presentadas.
Comezamos con Ed. Infantil, co poema que Raioteca lles enviou, titulado: “El desordenador” da poetisa Carmen Gil.

De 1º curso:  Victoria Piñeiro, cun poema de creación propia, titulado
“O robot eléctrico”. 
De 2º curso: Daniela Sánchez, cun poema escrito por ela, que leva por título,  “O robot con antenas”.  
De 3º curso: Zeltia Díaz, cun poema que atopou navegando por internet, titulado  “Tengo un robot cocinero”.  
De 4º curso: Francisco Bouza, cun poema escrito por él e titulado “Poema Robótico”.  
De 5º curso: Bruno Blanco, cun poema de creación propia, que leva por título “El robot trabajador”. 
Para rematar, de 6º curso: Nerea Freire, cunha poesía escrita por ela e titulada  “Xeración Tecnolóxica”.  
Recordade que á volta das vacacións de Semana Santa continuaremos co recital de poesía do certame: POESÍA E TECNOLOXÍA.

Moitas grazas pola vosa participación!!!!!

POESÍA 2018. POESÍA E TECNOLOXÍA.





VÍDEO DA CELEBRACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER.




Neste día, cada curso fixo a presentación do seu traballo relacionado cunha das Mulleres Pioneiras Galegas.



Parabéns a todos e todas polo voso traballo!!!

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER, 8 DE MARZO

Neste curso, dende a Bilioteca, organizamos unha actividade chamada: "PIONEIRAS" inspirada nun libro de xerais que leva por título: Pioneiras Galegas que abriron camiño.
Cada curso tivo que buscar información sobre unha pioneira, tratar esa información e finalmente expoñela. Na clase de Plástica todo o alumnado fixo caricaturas de cada unha destas mulleres e montamos unha exposición.
En Infantil: CELIA RIVAS, a primeira camioneira.
1º Curso: OLIMPIA VALENCIA, a primeira doutora.
2º Curso: IRENE GONZÁLEZ, a primeira futbolista.
3º Curso: ELISA E MARCELA, a primeira voda entre mulleres.
4º Curso: EXERIA: a primeira escritora.
5º Curso: SOFÍA CASANOVA,  a primeira correspondente de guerra.
6º Curso: ISABEL BARRETO, a primeira almiranta.




19/3/18

MOCHILAS VIAXEIRAS 2017/18


  
Clicando neste enlace atoparás unha páxina con toda a información sobre as 

Este curso, levan libros e xogos relacionados co noso PDI anual, sobre Robótica. Esperamos que disfrutes moito do seu contido.

1/3/18

ROSALÍA DE CASTRO IV

Poemas recitados polos alumnos e alumnas de 5º e 6º curso.




ROSALÍA DE CASTRO III


Poemas recitados polo alumnado de 3º e 4º curso.




ROSALÍA DE CASTRO II

Poemas recitados polo alumnado de 1º e 2º curso.



ROSALÍA DE CASTRO I

Poemas recitados polos nenos e nenas de Ed. Infantil.



28/2/18

24 de febreiro, DÍA DE ROSALÍA.

Este ano a proposta da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega para a celebración do Día de Rosalía de Castro nos centros de ensino leva por título:  
"Abride a Fiestra"
Propoñen para o venres 23 de febreiro que cada alumna/o elabore, nun soporte que poida ser pendurado nunha fiestra ou pegado na parte interior dos vidros das fiestras, algún elemento iconográfico de Rosalía de Castro e/ou transcriba os seus versos soltos ou poemas completos para lles dar luz desde as fiestras e tentar facelos visíbeis socialmente. 
Esta iniciativa pretende ademais que o alumnado comparta esta celebración coa súa familia e veciñanza. Para isto faranse fotos.
Este vídeo é unha mostra da nosa participación nesta convocatoria.
Grazas a todo o alumnado do Centro que participou con tanto entusiasmo nesta proposta.

Parabéns!!!


14/2/18

ENTROIDO 2018

Este ano o Entroido xira entorno ao tema das novas tecnoloxías
Dende a Biblioteca, aportamos material informativo relacionado con esta temática, exposto no recanto de Roboteca, e tamén o enlace a unha guía que publicamos no Nadal e que recolle unha selección de libros e xogos de robótica:
 "Ler e xogar con robots"
   
Todo o alumnado fixo o seu disfraz. Desfilamos, cantamos e bailamos. Foi moi divertido. Aquí deixamos o enlace ao vídeo das actuacións de cada curso.




14/1/18

PAZ 2018

Este ano adicaremos o Día da Paz a coñecer un pouco mellor a figura de Wangari Maathai, que gañou o Nobel da Paz,  grazas ao seu traballo como ecoloxista, que naceu das investigacións que levou a cabo como bióloga e investigadora.
O alumnado de 5º e 6º curso presentaranos un pequeno resumo sobre a súa vida a través do libro  "Wangari e as árbores da paz"





Nas aulas traballaremos unha historia contada por Wangari e titulada: 
"Ser como un colibrí"
 


Para rematar cantaremos unha canción africana: 
"UÉLE MOLIBÁ MÁKÁSÍ" que nos axudará a coñecer o folklore do país de Wangari, Kenia.
Tamén faremos  na área de Artística uns murais cooperativos en cada curso. 

Teremos na Biblioteca unha selección de
libros e películas, nestes enlaces:
LIBROS DE PAZ ED. INFANTIL
LIBROS DE PAZ DE 6 A 9 ANOS
LIBROS DE PAZ DE 9 A 12 ANOS.
PELÍCULAS DE PAZ.

Quizais tamén che interese

Related Posts with Thumbnails