Colaboran: OQO Editora, Xerais e Editorial Galaxia.
De 11h. a 12h. asistimos a un Obradoiro de Ilustración a cargo de RODRIGO CHAO.De 12h. a 13h. Obradoiro de Microrrelato a cargo de MAR GUERRA.
De 13h. a 14h. Obradoiro de poesía, música e palabras a cargo de XABIER MUGARDOS (Pulpiño Viascón), músico multi-instrumentista e clown, se queres coñecer a súa traxectoria musical preme aquí.

Foi unha xornada moi intensa, na que desfrutamos un montón: debuxamos, pintamos, escribimos un microrrelato e escoitamos poesía e unha música moi orixinal.
Dende aquí queremos agradecerlle á mestre de música do CEIP Couceiro Freixomil, Pilar, por invitarnos a participar nestas actividades tan interesantes. Moitas grazas!!!
Rematamos cun vídeo titulado:"Pulpiño Viascón e o serrucho máxico". Seguro que vos soa.