
O xoves 30 de abril inauguramos un novo espazo no colexio, concebido como unha continuidade da biblioteca, un lugar onde sempre vai estar presente a "MAXIA DA LECTURA", onde existe un recanto moi especial para os conta contos e onde os nenos e nenas se poden disfrazar e maquillar para converterse en personaxes fantásticas dos contos, e por suposto, un lugar onde Raioteca, a nosa mascota da biblioteca, está sempre presente supervisándoo todo.
As actividades que realizamos para celebrar este acontecemento, que tamén recolle a prensa, foron:
- Intervención de Raioteca. Preme aquí.
- Actuación dos titiriteiros de Andrade, un grupo de alumnas e alumnos dende 3º ata 6º de Primaria, que representaron con marionetas a obra titulada: "Este cuento no es mi cuento". Foi todo un éxito. Parabéns a todos e todas!!!
- Seguindo co proxecto: "Lecturas compartidas", a nai de María de E. Infantil, Rosario, fixo a presentación do libro do mes, coa lectura de: "Sacapenas". Dende aquí queremos darlle as grazas pola súa colaboración. Tamén unha alumna, Laura de 5º curso, contounos a orixe destes bonecos e explicou que no cole estanse a facer, coa mestre de Plástica, bonecos sacapenas para participar nun proxecto chamado: Sacapenas para Gaza.
- Tamén os alumnos/as de 5º curso nos presentaron outro dos seus contos de creación propia elaborado en power point.
- Xa para rematar unhas palabras do director agradecendo a colaboración dos familiares que fixeron posible a creación deste novo espazo e aos que lles entregamos uns pequenos agasallos.
E aquí vos deixamos a reportaxe fotográfica: