26/6/20

Protocolo para desfrutar da biblio

Ola Raiolectores/as!!!

Aquí vos traemos, como prometimos, unhas normas para poder volver desfrutar da biblio da forma máis segura posible... así tedes tempo para ir revisando e botando unha ollada! E por suposto, se tedes algunha dúbida podedes preguntar!!

Primeiro, unha pequena infografía coa información máis básica!

INFOGRAFÍA


E aquí, unha presentación con algunhas cousas máis explicadas...








Estamos seguros de que entre todos/as, poderemos ter ao virus afastado do noso cole!!


Por certo, tede en conta que poden sufrir modificacións se hai instruccións novas! Pero vos iremos avisando de todo!

#VoltaremosPronto

19/6/20

LEMBRANZAS DESTE CURSO 2019 / 2020

Remata este curso tan diferente, pero como sempre cheo de CONTOS  e HISTORIAS , onde os/as protagonistas sodes vós.
Antes destas vacacións merecidas, agasallámosvos con este repertorio tan variado do voso ben facer para que  podades volver a desfrutar dos vosos contos favoritos.


o


Como ben lembrades , neste curso aprendimos moito sobre a concienciación do coidado do Planeta e  fixemos actividades moi chulas coma convertirnos  en patrulleiros/as verdemáns, investigadores grazas ao horto da conciencia (que por certo! teremos que retomar á volta do verán) e moitas máis actividades que intentamos deixarvos reflexadas neste libro virtual que esperamos que vos traia entrañables recordos.

f

Raioteca e Lorolareto despedímonos polo de agora, non sin antes recordarvos que aínda que toca desfrutar do verán, deberemos seguir coas recomendacións por mor desta pandemia, para en breve poder volver a vernos nos andeis da nosa biblioteca e escoitarnos a través dos micros da Radio Lorolareto.

#VOLTAREMOSPRONTO

Por certo, en vindeiros días darémosvos un adianto sobre o PROTOCOLO para  volver a desfrutar da nosa biblio, tendo en conta as medidas que nos axudarán a convivir nesta nova normalidade da forma máis segura posible.

16/6/20

Recomendacións de verán


Ola Raiolectores e Raiolectoras! 


Deixámosvos aquí unhas recomendacións moi fresquiñas para desfrutar este verán!! Esperamos que vos gusten!! Ademáis, ao longo da presentación atoparedes algúns enlaces moi chulos se premedes nas portadas dos libros que máis vos chamen a atención!!


Xa nos diredes que vos parecen!!!

#LecturasdeVerán


11/6/20

IDEAS PARA COIDAR A BIODIVERSIDADE


Navegando por esta presentación poderedes ver as magníficas propostas que todos e todas podemos seguir para coidar a biodiversidade.


Grazas por participar

 e aportar o voso gran de area...  
Xuntos conseguiremos un planeta mellor!











Quizais tamén che interese

Related Posts with Thumbnails