2/5/19


         



   Aquí estou de novo, para presentarvos o Podcast do

DÍA DO LIBRO

Espero que vos guste!!!


Moitas grazas, aos locutores, Uriel e Ana; ás técnicas, Claudia e Sofía, e por suposto a todo o alumnado que participou neste programa, dende os máis pequerrechos ata os maiores. 
Sen a vosa ilusión non sería posible. 

DESFRUTÁDEO!!! 



MÚSICA: - Luar na Lubre- CABO DO MUNDO

Neste mes do libro, algúns dos alumnos e alumnas do colexio, estiveron facendo un obradoiro de escritura.

 EXPRESARTE 

Que é un libro para ti?

Preferentemente en verso, pero tamén podía ser en prosa.

 A verdade é que sairon creacións moi interesantes.

 

 

 

MOITAS GRAZAS POLA VOSA ARTE

Ola, raiolectores!

Espero que neste mes do libro, esteades lendo moito e desfrutando das actividades e contacontos, que vos traemos dende a biblioteca.

A rapazada de 5º e 6º , tivo  un obradoiro de escritura o martes 24 de abril, onde coa axuda do libro " Imaxina animais" crearon a súa propia fauna da Fraga.


Aquí vos deixo algúns deles.




10/4/19


Este mes de abril, onde  o vindeiro 23 celebraremos,
 o DÍA DO LIBRO,
 xa empezamos o mes con dous contacontos, moi especiais.



      O 1 de abril con Iago López, e o seu libro " O cociñeiro Martiño e as cenorias desaparecidas", todo un espectáculo de sabiduría, diversión e comida divertida.



      O 8 de abril , visitounos Celtia Figueiras, unha artista dos monicreques e amante do teatro, para presentarnos o seu libro "Cantamos?"onde unha nena chamada Rosi , que lle encanta a música e os contos, descobre que os contos tamén se poden cantar.
Tivemos a sorte dende a nosa radio Lorolareto , de poder facerlle unha entrevista , que podedes escoitar e desfrutar sen fin, para saber máis desta artista intrépida e talentosa.



Grazas a estes dous artistazos , por vir a contar contos ao noso colexio.



Agora sen esperar máis  , imos escoitar esta curiosa entrevista que Martín e Sara de 6º de Primaria, fixeron a Celtia Figueiras.

Grazas Celtia por compartir connosco , feitos importantes da túa vida.





Música: CD do conto de Celtia Figueiras " Cantamos?" Cancións de Luis Vallecillo.
  








Aquí estou de novo , para deixarvos o noso segundo podcast, adicado á poesía, co colaboración da poetisa Ana Mª Fernández e  o ilustrador  Quique López , aos que dende aquí dámoslles as grazas por compartir connosco un día tan importante coma o DÍA MUNDIAL DA POESÍA.

Doulle as grazas á rapazada de 6º de primaria, que participou como locutores/as  e técnicos/as, pois sen a súa axuda todo isto non sería posible.

 Micros abertos,
deixádeme escoitar
nas vosas ondas,
para voar!

Micros abertos!
Altofalantes!
Contádeme historias
de rapazada parlante!

Ábrete, radio!
Ábrete axiña!
Trae historias
cheas de vidiña!

                        Autor: Frederick, o noso rato poeta.

Estupendo Día da Poesía que celebramos con fantasía, polos versos de Ring, Ring...! Quen Rima?


Entrevistas a Ana Mª Fernández e  Quique López

Música: Cristina Pato -TOLEMIA  /  Luar na Lubre- CABO DO MUNDO

Por certo, non quixera esquecer, dar as grazas a Xoán Babarro, pois tivemos a sorte de telo na nosa radio Lorolareto, e poder entrevistalo. Foi todo un gustazo!!!
Déixovos a súa entrevista , feita por Martín e Sofía de 6º de EP.

MOITAS GRAZAS XOÁN BABARRO, dende as Ondas do Eume, na nosa Radio Lorolareto.

Apertas  de  poesía e agarimo!!!



3/4/19









Este luns 1 de abril tivemos un contacontos, que poido desfrutar o alumnado de Infantil e 1º e 2º de EP, a cargo do escritor e contacontos IAGO LÓPEZ.
Espero que o disfrutarades moito!!!




Que día tan especial!!! 
Unha mañá chea  de  versos para rimar  e ilustracións que imaxinar, que grazas á visita de dous artistas como a poeta Ana Mª Fernández e o Ilustrador Quique López, fíxose realidade.

Teño que felicitarvos, queridos/as lectores/as , pois   fostes uns verdadeiros/as poetas e ilustradores/as.

 Os meus parabéns, para a rapazada de 6º de EP que fixo  unha estupenda labor radiofónica, no seu estreno como técnicos/as e locutores/as da nosa Radio Lorolareto. Todos e todas fixeron unhas magníficas entrevistas aos nosos/as invitados/as, entre os que estivo tamén o escritor Xoán Babarro, marido de Ana Mª Fernández, que tan amablemente estivo disposto a ser entrevistado.

Deixámosvos unhas fotos dos eventos,
para que desfrutedes  moi atentos.

Por certo nuns días subiremos o podcast deste día da poesía,coas entrevistas, recitados e canción.

    POETA

                                                                                                       ILUSTRADOR





26/3/19

LOROLARETO

A nosa radio escolar xa ten unha mascota: "LOROLARETO"
Pensamos que LOROLARETO e RAIOTECA van ser grandes amigos, e seguro que nos sorprenderán con novas e fantásticas propostas.


13/2/19


Hoxe foi un día especial para a Radio.

A RADIO MÁIS GRANDE FEITA POLOS MÁIS 

PEQUENOS EN PONTE…NAS ONDAS!
 
 Este mércores 13 de febreiro, Día Mundial da Radio, houbo emisión da programación especial en directo desde o CPR Jorge Juan Xuvia, de Narón e o IES Pedras Rubias, de Salceda de Caselas.

Se pinchades na foto, poderedes escoitar a emisión en directo.
http://escolasnasondas.com/


Nós, dende o CEIP Plurilingüe de Andrade, fixemos o
 nosa primeira gravación , para celebrar este día tan importante para a  Radio, onde recitamos poemas de PAZ, de Ana Mª Fernández do seu libro RING,RING...! QUEN RIMA? 

Esperamos que desfrutedes escoitándoo!!!
 



11/2/19

 

         RAIOTECA PROPONVOS UN NOVO RETO; A CREACIÓN

 DUNHA  MASCOTA AMIGA PARA REPRESENTAR A NOSA 

 RADIO NA BIBLIO. 

 
        TEREDES QUE PRESENTAR O DEBUXO ACOMPAÑADO D

NOME DA MASCOTA.


 
  AS BASES DESTE CONCURSO SERÁN:

  
  Primeira. Os participantes presentarán debuxos orixinais e coa

 temática da Radio e Biblioteca

  

  Segunda. Os debuxos deberán levar o nome da mascota, e o 
nome d@ autor@. Cada un participará só cun debuxo.
 
  Terceira. Poderá participar calquer alumno ou alumna do CEIP 
Plurilingüe de Andrade.  
  
  Cuarta. Os debuxos que resulten gañadores en cada un dos 

 cursos, entregaranse na biblioteca nun sobre co nome do autor/a .


 
  Quinta. Os traballos gañadores de cada curso serán expostos, 

segundo se vaian presentando, en lugares visibles e accesibles do

 centro para ser votados.



 
  Ábrese o día 13 de febreiro 
  
e rematará o 20 de febreiro de  2019.






Xoves, 31 de xaneiro  de 2019.

Ola, rapazada!!! 

        Que marabilla, o día que fixéchedes o obradoiro da RADIO con PNO( Ponte Nas Ondas). 
Todo resultou moi ben, e penso que foi unha actividade moi interesante.

        Déixovos unhas fotos , para que disfrutedes.










31/1/19

   

   POESÍAS PARA

 A PAZ E NON VIOLENCIA



  Ola rapazas e rapaces!!!

          

         Estou moi contento de podervos deixar  fotos do momento que pasamos, o día 31 de xaneiro, todos e todas xuntas no recanto dos contos.                              


         Espero que vos gustase o poema  DEDOS e PAZ de Ana Mª Fernández, do seu libro RING, RING...! QUEN RIMA?  que eleximos, Frederick, o meu amigo poeta, e mais eu, para este día tan especial ,como é o DÍA MUNDIAL DA PAZ E NON VIOLENCIA.

           A verdade é que o fixéchedes todas e todos  moi ben !!!


Resultado de imagen de RING RING QUEN RIMAAPERTAS DE PAZ

LEMBRADE QUE SE QUEREDES LER ESTE LIBRO  DE
POESÍA,  TÉDELO NA BIBLIOTECA DO COLEXIO.
















13/1/19





A rapazada de 5º e 6º de Primaria, o venres 11 de xaneiro comezou a súa nova andaina para crear o CLUB DE LECTURA, co libro 
"No corazón do bosque "
                     de Agustín Fernádez Paz.

FOTOS CLUB DE LECTURA
*Raioteca agasallounos cunha libretiña para apuntar nela,
palabras con corazón de Natureza que xurdan deste libro.





RAIOTECA
COA RADIO NA BIBLIO,
SEGUIRÁ SENDO POETA.
RADIO NA BIBLIO 17-18  


               O pasado decembro publicouse a resolución da convocatoria de "Radio na Biblio", e fomos elexidos  30 centros de nova incorporación neste curso 2018/2019, mentres que outros 20 continúan tras ser elexidos  como programa piloto no curso 2017/2018.
       
        O obxectivo deste programa é que o alumnado avance na adquisición das competencias informacionais e mediáticas, imprescindibles na sociedade actual. 
         Así mesmo, procúrase estimular o papel das bibliotecas escolares como “centros creativos de aprendizaxes”, tal e como establece o Plan Lía 2016/20. 
         Asemade, búscase ampliar as linguaxes presentes na biblioteca, promover a expresión oral, a alfabetización múltiple e o traballo colaborativo da comunidade educativa. Neste sentido cómpre sinalar que a posta en marcha de iniciativas de radio en centros educativos ten demostrado ser unha boa ferramenta para xerar dinámicas de comunicación, de apoio aos proxectos do centro, dos traballos elaborados polos alumnos, etc...

      Este vindeiro 31 de xaneiro, teremos un obradoiro  formativo para o sector do alumnado de 5º e 6º de Primaria e  profesorado.
 Estamos ansiosos por poñer en marcha este novo proxecto dende a biblioteca, que aportará un cambio significativo a nosa biblioteca.



Aprenderemos todos e todas moito!!!


ÁNIMO, rapaces e rapazas!!!!

Quizais tamén che interese

Related Posts with Thumbnails