15/12/19

EDUCACIÓN VIARIA NA NOSA BIBLIOTECA

O PASADO 28 DE NOVEMBRO TIVEMOS A VISITA DA POLICÍA LOCAL DE PONTEDEUME, PARA CONCIENCIAR AO ALUMNADO DA IMPORTANCIA DE TER UNHA BOA  FORMACIÓN VIARIA .


O alumnado de 3º, 4º e 5º de Primaria , asistíu á nosa biblioteca con entusiasmo para unha charla de concienciación viaria; onde a través dunha presentación de dous policías locais , aprenderon e reforzaron o seu coñecemento sobre educación viaria.
Abofé que xa sabían moito, pero estiveron moi atentos e involucrados na actividade, onde o que máis lles gustou foi facer a comprobación dos tests de alcoholemia.
Finalmente, a policía local deixóulles unha folla de rexistro de infraccións para facer un seguimento de todos os incumprimentos  que poidan observar no día a día , con respecto á EDUCACIÓN VIARIA na súa contorna.

*Grazas á Policía Local polo seu traballo, en especial por esta formación de educación viaria no noso colexio.

No hay comentarios:

Quizais tamén che interese

Related Posts with Thumbnails