O 27 de febreiro, Serafín Alonso, mariñeiro pontevedrés, falounos da PESCA DE ALTURA. Foi un pracer escoitalo e informounos dun montón de cousas que ignorábamos. Dende aquí queremos darlle as grazas. Ata pronto!!! As fotos na GALERÍA. Os VÍDEOS.
O alumnado do 3º ciclo elaborou este fantástico vídeo, como homenaxe a Rosalía de Castro.
Será enviado á AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega), para pasar a formar parte dunha recompilación de vídeos creados por outros centros de ensino. AQUI
O pasado 24 de febreiro, celebramos no centro "O DÍA DE ROSALÍA". Nesta ocasión comezamos cantando a canción "Adios ríos adios fontes", continuamos coa presentación da vida e obra de Rosalía de Castro, aproveitando un LIM elaborado pola biblioteca "CARACOLA TOLA" do CEIP Alexandre Bóveda. Despois o alumnado de sexto presentou as actividades do LIM ao resto do alumnado, e entre tod@s fómolas resolvendo. Coma sempre tedes todas as fotos na GALERÍA. Os vídeos, na galería de VÍDEOS.