31/12/12

BIBLIOTÓMBOLA DE NADAL

 A actividade estrela nestas datas na Biblioteca é:



Este ano realizamos xa a quinta convocatoria, recordamos as bases:

1.- Para participar nesta actividade, cada alumno/a terá que traer un libro adaptado á súa idade.

2.- Que sexa un libro que xa fose lido polo alumno/a.

3.- Que o libro estea en bo estado.

4.- O libro terá que vir acompañado dunha ficha, cun comentario persoal ou un debuxo. Esta ficha será entregada aos que queiran participar.

5.- A finalidade desta actividade é que cada alumno/a teña o seu libro como agasallo dun compañeiro/a da escola.

Os libros estarán expostos por ciclos, e a cada libro asignaráselle un número, co que entrará no sorteo final. 
Por ciclos cada neno/a fará unha presentación oral contándonos cousas interesantes do seu libro: como chegou ás súas mans, de que trata...


Click to play this Smilebox slideshow

Este mesmo día tamén fixemos entrega dos diplomas aos mellores lectores do 1º trimestre, e un pequeno agasallo para os axudantes de biblioteca.
O alumnado de Infantil de 5 anos presentounos o conto do Apalpador, coa participación da alumna de 4º curso, María.
Xa para rematar cantamos todos xuntos a canción do "APALPADOR"
Por suposto tivemos a visita da nosa mascota RAIOTECA que nos desexou un BO NADAL.
Enlace ao vídeo AQUI.






19/12/12

UN NADAL DE MOITAS CORES.



Dende a Biblioteca "SOÑOS DE ANDEL" desexámosvos un 
FELIZ NADAL e un BO ANINOVO.


Proxecto Fahrenheit 451. AS PERSOAS LIBRO

O Proxecto Fahrenheit 451 (As persoas libro) nace ao comezo do século XXI na Escola de Lectura de Madrid. Comparte a palabra vinculada, fruto da investigación de anos de Antonio Rodríguez Menéndez, co  proxecto A voz a ti debida, que busca que se recoñeza a lectura como un dereito das persoas.



Esa é unha das ideas claves que nos transmitíu Antonio na sesión que mantivemos con él na biblioteca da nosa escola. 
Tamén nos ensinou a falar con PALABRAS de chocolate fundido e a meternos debaixo da tela para crear un espazo máxico, íntimo e así comunicarnos mellor co grupo.
.A partir de agora estamos decididos a formar parte deste fantástico proxecto chamado:

Deixámosvos unha pequena reportaxe desta actividade. 
Na galeria da páxina web do cole tedes todas as FOTOS e o VÍDEO.
Grazas Antonio. Ata pronto!!!








16/12/12

Recitandocelsoemilio 12/12/2012


Onte, ás doce da mañá, xuntámonos todas as nenas, nenos e mestres do cole no  " salón de actos", para recitar e escoitar dous poemas de Celso Emilio Ferreiro, na celebración do centenario do seu nacemento. 
Comezaron os de E. Infantil que recitaron:
                                                                                        
O vello cantaba
unha lembranza.
O mozo cantaba 
unha esperanza.
O neno cantaba
unha louvanza.
Pobo meu: pois que cantas,
érguete i anda.

Logo continuaron os do primeiro ciclo ata irse incorporando todos os demais, recitando:
DEITADO FRENTE AO MAR.
Aquí vos deixamos o vídeo que recolle ese momento tan emocionante para todos nós.




7/12/12

RecitandoCelsoemiliO

Ao cumprirse o centenario do nacemento do poeta celanovés Celso Emilio Ferreiro, unha das voces fundamentais da literatura galega da segunda metade do século XX, desde a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL) chéganos a seguinte proposta:
Unha actividade que consta de  dúas accións simultáneas e complementarias:
  • Un acto colectivo de recitado público do poema  Deitado fronte ao mar de Celso Emilio Ferreiro, publicado inicialmente no libro Longa noite de pedra (1962).
  • Un envio masivo a través das redes sociais do lema recitandocelsoemilio, acompañado do texto do poema Deitado fronte ao mar.
Este acto celebrarase o mércores día 12 de decembro de 2012, ás 12.00 horas.
Ese día, as nenas e nenos de E. Infantil recitarán:


 CANCIÓN:
O vello cantaba
unha lembranza.
O mozo cantaba 
unha esperanza.
O neno cantaba
unha louvanza.
Pobo meu: pois que cantas,
érguete i anda.

O alumnado de Primaria recitará "Deitado frente ao mar"

Esta é a nosa aportación. Un vídeo gravado coas voces de alumn@s de diferentes cursos e ilustrado con obras do pintor Leandro Lamas.

2/12/12

Celebramos o "Día Mundial contra a Violencia de xénero"

O martes27, celebramos no colexio o DÍA MUNDIAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.
Despois de ler unha carta que Raioteca nos enviou para recordarnos o significado que ten este día, un grupo de nenas e nenos de diferentes cursos, fixeron unha representación teatral do conto de Anthony Browne,  "O libro dos Porcos"
Para rematar, cantamos todos xuntos a canción titulada "Abre tu mente"
Deixámosvos a reportaxe fotográfica desta actividade. 
Parabéns a estas actrices e actores polo seu traballo.

Todas as fotos da representación na galería da páxina web do centro. 
E o vídeo AQUÍ.


VISITA LEANDRO LAMAS

O venres 23, recibimos, con gran ilusión, a visita do pintor Leandro Lamas.
Raioteca enviounos unha carta. Clica AQUÍ.
Primeiro, quixemos agasallar a Leandro có recitado do poema que Sechu Sende lle adicou: AS CORES DE GALICIA.
Despois, explicámoslle todas as actividades que fixemos tomando como referencia a súa obra, e contámoslle o que aprendemos sobre él.
A continuación, como queríamos saber moito máis, fíxémoslle unha entrevista. As preguntas, AQUÍ.
Finalmente, Leandro agasallounos cun debuxo do apalpador, quedamos todos abraiados de ben que debuxa e agradecémoslle moito que o fixera adicado ao noso cole.
Tamén asinou no libro de ouro da nosa biblioteca e todos puidemos facernos unha foto ao seu lado.


MOITAS GRAZAS LEANDRO. 
FOI UN DÍA INESQUECIBLE.


Traballo elaborado polo alumnado de 6º curso:



A REPORTAXE FOTOGRÁFICA COMPLETA NA 
GALERIA DA PÁXINA WEB DO CEIP ANDRADE.

Quizais tamén che interese

Related Posts with Thumbnails