Mostrando entradas con la etiqueta día da non violencia de xénero. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta día da non violencia de xénero. Mostrar todas las entradas

1/12/16

Día internacional da eliminación da violencia contra a muller.



O pasado venres 25 de novembro solidarizámonos no noso cole con todas a mulleres que están a sufrir en silencio a violencia, e berramos ben alto que a muller non é escrava de nada ni de ninguén. Os/as alumnos/as de sexto adaptaron o libro de Fina Casalderrey "Xela volvéuse vampira" e os de quinto fixeron a representación. 
O traballo en equipo deu os seus froitos, porque quedou unha obra moi entretida e con significado, xa que a protagonista, Xela, unha mestra moi querida polo seu alumnado, sofre unha grande transformación despois do seu casamento, para saber cal é o motivo deste cambio, vos animamos a ler este libro que é moi doado.



Aquí vos deixamos un resumo da representación en fotos.


Para rematar o acto os actores e actrices de quinto repartiron un corazón lila feito por eles.

No Bloggue Educando en igualdade atoparedes moitos recursos para traballar o tema da violencia contra a muller, só tedes que picar na imaxe:




25/11/10

"O PAÍS DOS MANDÓNS"

No País dos Mandóns uns cantos mandan sobre o resto e non permiten que as nenas, as mamás ou as avoas, xoguen, saian ou traballen fóra das súas casas. O cambio destas normas tan inxustas para crear o novo país da igualdade conmemórase o día internacional das mulleres.Cunha linguaxe sinxela, con imaxes con moita carga simbólica, a través da narración, explican como as mulleres e os homes teñen os mesmos dereitos. As súas autoras son Paloma Rodríguez e Cristina Justo. Un conto para reflexionar sobre a igualdade de homes e mulleres.
Integran, por agora, a colección outros dous títulos:
"A urna dos desexos" -sobre a democracia participativa e a paridade- e "O segredo de Flora" -ao redor da convivencia e do rexeitamento de calquera tipo de violencia. O nome da colección é: A IGUALDADE CONTA.

Dende a biblioteca preparamos a escenificación deste conto co alumnado do terceiro ciclo, para representar nun día tan importante, o 25 de novembro, no que celebramos:
A loita contra a violencia de xénero .
Aquí tedes a reportaxe fotográfica:

E unha presentación coas ilustracións máis representativas:


Tamén incluimos no lateral do blog, no apartado Actividades TIC do CEIP de Andrade, unha webquest que elaboramos dende a Biblioteca: "Un libro, un vídeo, unha carta" que nos servirá de reflexión sobre a situación de moitas nenas privadas do dereito á educación, que non deixa de ser un importante xeito de violencia de xénero.

Quizais tamén che interese

Related Posts with Thumbnails