Por fin chegou o día, e os nenos e nenas do 1º ciclo presentáronnos o conto "Ser amigos". Como "unha imaxe vale máis que mil palabras", aquí tedes a reportaxe fotográfica.
O venres xuntarémonos no Recanto dos Contos para celebrar o Día de San Valentín. Para esta ocasión tan especial, o alumnado do 1º ciclo preparounos a lectura do libro titulado "Ser amigos". Esta vez tócalles aos pequenos ler para tod@s nós. Seguro que o fan fenomenal. Xa vos contaremos, con reportaxe fotográfica incluída.
Ademais deste libro, deixámosvos o enlace a un listado doutros títulos que igualmente tratan o tema do "Amor e a Amizade":
Ao longo desta semana, todas as actividades da Biblioteca xirarán ao redor doAmor e a Amizade,pois o 14 de febreiro celebramos o día deSan Valentín. Despois de ler a información deste enlace, seguro que xa estades preparad@s para respostar estas preguntas. Boa sorte!!!