28/4/24

Sementes literarias

 Nesta semana do 23 de abril, estivemos sementando lecturas en familia, onde as palabras poéticas e as historias estiveron presentes ao longo de toda a semana.
GRAZAS a todas as familias participantes, que fixeron posible que estas sementes lectoras vaian espallándose para compartir o gozo pola lectura.

Deixámosvos con sementes lectoras cheas de oralidade para celebrar o día do libro.
Esperamos que gocedes delas, do mesmo xeito que a nosa rapazada se ilusiona en grabalas.


20/4/24

MES DO LIBRO - EN ABRIL SEMENTES MIL

 


Neste mes de abril, dende a nosa biblioteca, Raioteca e Lorolareto están a sementar moitas actividades cheas de lecturas, oralidade, imaxinación, arte, ...
Deixámosvos co panel informativo sobre as diversidades deste mes de abril.

17/4/24

ENTREVISTA A UNHA AMANTE DO DEPORTE

 


Deixámosvos coa entrevista que Ángela e Berta lle fixeron a Sara, coa axuda de Rafa e Lucas como técnicos da nosa radio Lorolareto.

Parabéns a esta rapazada, que cada día mellora máis na elaboración e xestión dos programas de radio e en especial das entrevistas.

12/4/24

APRENDENDO DE PAXAROS



O día 5 de abril tivemos un invitado moi especial, o meu avó Ángel, que é un gran afeccionado aos paxaros.

Ensinounos cousas moi curiosas sobre estas aves, que el mismo cría.

Dende a nosa escola de Andrade, o alumnado de cuarto e quinto de primaria, dámosche as grazas por compartir o teu tempo e a túa sabedoría sobre un tema tan interesante.

Foi todo un pracer e unha aprendizaxe!!!

Agora deixámosvos coa entrevista que lle fixo Lucas e André a este sabio avó sobre ornitoloxía.

Quizais tamén che interese

Related Posts with Thumbnails