23/4/11

ABRIL, MES DOS LIBROS

Entre outras actividades neste mes de abril, adicado aos libros, teremos:
Mercadillo de libros e películas. Exposición dos libros máis lidos. Entrega de agasallos aos mellores lectores e aos encargados de Biblioteca.



22/4/11

23 de abril, Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor.


Hoxe 23 de abril celebramos o Día Mundial do Libro e dos dereitos de Autor. A idea de adicar ese día á festa do libro foise extendendo dende España ata outros paises. É no ano 1964 cando queda instituido oficialmente o día 23 de Abril como Día Internacional do Libro.
O poeta
Carlos Negro agasallou ás Bibliotecas Escolares Galegas cun fermoso texto, "O lugar da lectura", e a Consellería de Educación editou con el un marcapáxinas para celebrar este 23 de abril de 2011:


Unha illa de luz na xema dos dedos.
Unha porta sempre entreaberta.
Unha duna cara ao vento.
Unha nube sobre a herba.
Unha casa encantada.
Unha laranxa do paraíso.
Unha pousada no inferno.
Unha man e unha fouce.
Unha carapucha vermella.
Unha bufanda colorada.
Unha alfombra no ceo.




A pulga e o xigante.

A rosa e o cravo.
A serpe e a mazá.
A fonte e o cervo.
A flor da candea.
A fenda do espello.
A lúa na boca.
A tona do tempo.
A pedra e o canto.
A voz e o silencio.
O lugar da lectura.
Carlos Negro.












21/4/11

LECTURAS COMPARTIDAS VI



Seguindo co proxecto "Lecturas Compartidas", o venres día 15 visitounos unha contacontos moi especial, a nai de Carlos de Infantil 5 anos, que nos presentou o conto: "A toupiña que quería saber quén lle fixera aquilo na cabeza". É un conto moi divertido e Gloria relatouno con tanta expresividade, que fixo que pasaramos un rato moi pero que moi divertido. Moitas grazas Gloria pola túa colaboración. Ata pronto!!!


Os nosos parabéns tamén para Carlos pola presentación tan emotiva que nos fixo da súa nai.
Deixámosvos aquí a reportaxe fotográfica:







14/4/11

Novo título para o club de lectura : "O CONTO DOS SETE MEDOS"




Comezamos unha nova lectura. Preparados, listos, xa: "O conto dos sete medos"
O seu autor: Antón Cortizas.
A próxima xuntanza á volta das vacacións de Semana Santa.









UN SOÑO NA BANDEXA. Mariné Lorenzo Corcoba.

A través do noso blog de Biblioteca, a escritora Mariné Lorenzo, atopou a entrada relacionada con "Un soño na bandexa", gustoulle tanto a idea de que o seu libro fose elixido para centrar a celebración do "Día do amigo" que inmediatamente púxose en contacto con nós e ademais de ofrecerse a visitarnos e contarnos a súa historia escribiu un correo para todos os nenos e nenas do colexio. O libro verás que está doado á asociación contra o cancro. Son mamá de tres nenos adoptados que me encheron a vida de bruxas, contos e cancións.... A miña nena!!, a máis presumida do mundo, a máis forte e a máis bonita, e dous nenos. Chegaron con cinco anos Andrea, catro Xosé e tres Daniel. Andrea morréuseme nos meus brazos despois de dous anos de loita contra o cancro. A primeira edición enviouse para axuda psicolóxica de nenos enfermos, espero que a segunda chegue tamén, por iso verás na tapa do libro a recensión de que está doado... Vin a fortaleza dun neno enfermo ante esta dura enfermidade, eu sentíame fráxil... e para eles vai. Poder entrar na Coruña é unha grande experiencia, por iso non dubides en mandar o noso enlace a todos os centros que queiran traballar o libro con nós. A TI A MIÑA APERTA FORTE déixoche o meu teléfono ... 651858181, e conta coa miña visita !! Enlace ao blog: http://www.unsononabandexa.blogspot.com/ O CORREO PARA OS NENOS E NENAS DO COLE: OLA PEQUES !!! Son Mariné, que ganas de coñecervos !!! Gustoume moito que lésedes un soño na bandexa, xa vos contarei como o escribín... Vivo en Pontevedra, nunha casa preto dunha praia e do monte, gústame moito pasear, a brisa do mar e o ruído da choiva ao caer, a música das ras, as fadas e os meus amigos.. Un soño na bandexa foi o libro escollido para o dia do amigo!! que sorte tivo o camareiro !! Encarna encontroume escondida baixo os seus correos, invitoume a saír e espero coñecervos moi pronto... UNHA APERTA GRANDE DE CARAMELO TOSTADO E UN BICO UN POUCO AZUCRADO Mariné







10/4/11

LECTURAS COMPARTIDAS V

Continuando co proxecto "Lecturas Compartidas", esta semana tivemos a sorte de contar con Rosario, a nai de María e Carlos. Presentounos o libro: "Verde por fuera" , que recolle adiviñas de dezaseis contos clásicos. Dentro de cada ilustración están debuxadas as solucións, pero hai que buscalas. Participaron todos os nenos e nenas de Infantil, 1º ciclo e 3º curso de primaria. Moitas grazas Rosario pola túa lectura e por facernos pasar un rato tan divertido. A continuación a reportaxe fotográfica, que ademais recolle os momentos tan emotivos nos que Carlos e María presentan á súa nai.







Presentación das adiviñas:







ENCONTROS DO PLAMBE 2010/2011

Os días 7 e 8 de abril celebráronse en Santiago de Compostela os Encontros do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares. Foi ocasión para profundizar no modelo da biblioteca escolar que se está a entender, como centro de recursos de lectura, información e aprendizaxe. Incidiuse nos instrumentos que Internet pon a disposición das bibliotecas para o exercicio das súas funcións e facilitar a formación da competencia informacional do alumnado, e falouse de lectura e de poesía: cine e banda deseñada centraron as experiencias dos centros, que se presentaron en mesas simultáneas. Tamén foi oportunidade para o encontro entre os membros dun colectivo que están a facer realidade as pequenas utopías que son todas e cada unha das bibliotecas escolares galegas. A clausura destes encontros estivo a cargo do gran escritor galego Xosé Neira Vilas, que nos encandilou a todos co seu discurso: Libros para nenos e nenas, sempre cunha lección escondida e ao mesmo tempo entretidos. Parabéns ás organizadoras . O enlace aos materiais dos encontros aquí




Encontros Plan de mellora de bibliotecas escolares 2011 from Bibliotecas Escolares de Galicia on Vimeo.

5/4/11

EXPOSICIÓN SOBRE A HISTORIA DO LIBRO.







Que mellor xeito de comezar o mes de abril, MES DOS LIBROS, que cunha exposición sobre o libro e a súa historia, elaborada no IES Fernando Esquío de Neda. Parabéns a todos os que fixeron posible esta exposición.







3/4/11

LECTURAS COMPARTIDAS IV


Continuando co proxecto "Lecturas Compartidas", nesta ocasión visitounos a avoa de Marina e Diego: Carmen, que nos deleitou coa lectura dun fermoso conto titulado " AVÓS": ...A avoa sorriu e foise mirar no espello: - Non. Eu son fea coma unha galiña sen plumas, - dixo ela, prendendo a margarida no pelo. - Non digas iso, muller! Ti es feitiña coma o sol. E fai o favor de apurar, que temos que ir bailar!
Moitas grazas Carmen pola túa lectura.
Ata pronto!!!

2/4/11

2 DE ABRIL CON XOÁN FARIAS

Preme no cartel para acceder ás actividades:


Noraboa a todos os nenos e nenas, mozos e mozas que participaron e encheron de vida os libros de Xoán Farias.

Quizais tamén che interese

Related Posts with Thumbnails