Continuando co proxecto "Lecturas Compartidas", esta semana tivemos a sorte de contar con Rosario, a nai de María e Carlos. Presentounos o libro: "Verde por fuera" , que recolle adiviñas de dezaseis contos clásicos.Dentro de cada ilustración están debuxadas as solucións, pero hai que buscalas. Participaron todos os nenos e nenas de Infantil, 1º ciclo e 3º curso de primaria.Moitas grazas Rosario pola túa lectura e por facernos pasar un rato tan divertido. A continuación a reportaxe fotográfica, que ademais recolle os momentos tan emotivos nos que Carlos e María presentan á súa nai.
No hay comentarios:
Publicar un comentario