20/11/20

25 DE NOVEMBRO NON + VIOLENCIA DE XÉNERO


                   25 DE NOVEMBRO 
    NON + VIOLENCIA DE XÉNERO

Actividades para  conmemorar este 25 de novembro .  Traballaredes  a canción  de Rozalén: 

 "La puerta violeta"





Deixámosvos unha ligazón onde tedes as tarefas que debedes de realizar para irdes entregando ao longo da semana. 

Estou desexando ver os vosos traballos !!!

18/11/20

OBRADOIRO DE RADIO



O curso pasado por mor do confinamento, non poidemos realizar o noso obradoiro de formación, polo que neste novo curso 2020/2021 contactamos co Laboratorio de radio, onde Lucía e Sergio déronnos dous obradoiros repartidos en dúas aulas diferentes, para poder facer un bo distanciamento entre a rapazada de 6º de primaria, e deste xeito cumprir co protocolo Covid-19.

Abofé que foi instrutivo. A rapazada aprendeu cousas novas, para poder seguir coa difusión da nosa Radio Lorolareto.

Déixovos unha montaxe de fotos e pequenos vídeos que mostran o que estes laretados/as estiveron a facer.




8/11/20

SEMENTES DE SABEDORÍA NOS...

 


 


Damos comezo ao noso proxecto de centro, onde dous titulares  como  Sementes de sabedoría nos andeis e Sementes de sabedoría nos maiores, serán o vehículo de conexión para a nosa conciencia medioambiental.

Deixámosvos cunha presentación das sementes que  @s bibliotecari@s xa foron atopando ao longo destas semanas, e ademais das que iremos descubrindo ao longo do curso.



2/11/20

SEMENTES DE RELATOS

 

Benvid@s raiolectores/as!!!

    Neste novo curso escolar 2020 / 2021, imos continuar co noso PDI de centro relacionado coa reciclaxe e coidado do medioambiente:  SEMENTES DE PAPEL.


    Por certo, temos que seguir aprendendo moito e intentar poñerlle frente a esta pandemia que estamos a vivir, cunhas boas medidas de hixiene, pero sen esquecer a importancia de facer un bo uso e unha boa reciclaxe das máscaras que usamos, para non perxudicar o noso ecosistema.


     Este pasado 24 de outubro, foi o Día das Bibliotecas, e os bibliotecarios/as de Soños de Andel, fixeron uns magníficos relatos para dar apertura a este espazo, onde os andeis están cheos de soños fantásticos para poder vivir dende calquera parte .
    Antes quero deixarvos un conto cuxo título "Contaxio" é unha viaxe polo dicionario a través desta palabra e a relación que ten con outras palabras do dicionario.

‘Contaxio’ é un conto colaborativo escrito por María Solar, Ledicia Costas e Fran Alonso, e coa ilustración de portada do pintor Leandro Lamas.


Abofé que vos vai encantar!!!


<div style="width: 100%;"><div style="position: relative; padding-bottom: 56.25%; padding-top: 0; height: 0;"><iframe frameborder="0" width="1200" height="675" style="position: absolute; top: 0; left: 0; width: 100%; height: 100%;" src="https://view.genial.ly/5f9736e58c7f9b0d14e86b73" type="text/html" allowscriptaccess="always" allowfullscreen="true" scrolling="yes" allownetworking="all"></iframe> </div> </div>Fonte: G24.gal
 

SEMENTES DE RELATOS

<div style="width: 100%;"><div style="position: relative; padding-bottom: 56.25%; padding-top: 0; height: 0;"><iframe frameborder="0" width="1200" height="675" style="position: absolute; top: 0; left: 0; width: 100%; height: 100%;" src="https://view.genial.ly/5f9736e58c7f9b0d14e86b73" type="text/html" allowscriptaccess="always" allowfullscreen="true" scrolling="yes" allownetworking="all"></iframe> </div> </div>

Quizais tamén che interese

Related Posts with Thumbnails