Mostrando entradas con la etiqueta dia da muller 8m. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta dia da muller 8m. Mostrar todas las entradas

2/4/17

Día da muller traballadora e hábitos de vida sudable.

Co gallo da celebración do Día da muller traballadora (8 de marzo), o Equipo de Dinamización da Língua Galega decidiu invitar a mulleres relacionadas con profesións vinculadas ao Proxecto de Centro que este curso estamos desenvolvendo:  "Vida saúdable", neste caso pensamos en alguén vínculada ao mundo do deporte. 
O 31 de marzo contamos cunha muller que non só destacou facendo do deporte o eixe da súa vida se non que é unha muller loitadora pola igualdade, no fútbol profesional, entre homes e mulleres. 


María Luisa Villa Gutiérrez (Marisa), é a coordinadora da arbitraxe feminina do Comité Técnico de Árbitros Nacional.
Naceu en Puebla de Don Rodrigo (Ciudad Real).
Empezou no mundo do fútbol sendo entrenadora das escolas deportivas do seu pobo, formou equipos en todas as categorías dende as categorías base.
En xuño de 2004 conseguiu pasar á Liga de Fútbol profesional e un ascenso a 2ª división. O 14 de xullo de 2007 convértese na primeira muller árbitra da 1ª división de fútbol.
Marisa, deixou a arbitraxe tras unha brillante traxectoria de 17 anos e case 100 partidos internacionais entre os Xogos Olímpicos e campeonatos da UEFA e da FIFA.
Darlle as grazas a esta muller por aceptar a nosa invitación. Foi unha charla moi enriquecedora que mestres e alumnos desfrutamos.
Falounos da súa profesión e da importancia do deporte na súa vida.




3/3/13

8 de Marzo, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER.



O día 8 de marzo celébrase o Día Internacional da Muller.


Este curso, estamos levando a cabo un proxecto titulado: "As cores de Galicia", adicado á pintura e á ilustración en Galicia. Co motivo desta celebración, dende o noso cole, queremos adicarlle un apartado especial ás pintoras e ilustradoras galegas, esas mulleres capaces de facer que todo un mundo palpite nos seus cadros e nas súas ilustracións.
Por iso, na Biblioteca, creamos un novo blog e un caderno de actividades.
Enlaces:




8/3/09

"A VIDA ESCRITA POLAS MULLERES"

Dende o blog "Trafegando Ronseis" chéganos este estupendo traballo sobre escritoras de todos os tempos.


7/3/09

"A MULLER ANÓNIMA"

A MULLER ANÓNIMA

Mulleres que todo o facían cun sorriso nos beizos, mulleres que
traballaban de sol a sol nas eiras, sementando e recollendo os
froitos da terra, cruzando os montes neses chuviosos días de
inverno, lavando roupa á beira do río, camiñando pola lama coa
pesada carga ó lombo entre a brétema e o frío que chegaba
ata ós osos, cociñando ricas comidas co pouco que tiñan...

Mulleres que traballaban fóra e dentro da casa, usando a
gadaña e o fouciño nas tarefas agrícolas coas mesmas mans que
sostiñan no colo ás fillas e fillos, cun canto de berce á calor da
lareira.

Mulleres que todo o facían cantando, que daban todo polos
demais, mulleres fortes por fóra pero cun corazón moi grande
por dentro, viúvas de vivos e viúvas de mortos.

Mulleres que viron partir ós seus homes e fillos á emigración,
quedando ao coidado das casas, esperando días e anos as
cartas que traían as noticias de América, deses seres amados
que en moitos casos non viron nunca máis.
Muller, nai, filla, labrega, marisqueira...

"Este vaise i aquel vaise,
e todos, todos se van,
Galicia, sin homes quedas
que te poidan traballar.
Tés, en cambio, orfos e orfas
e campos de soledad,
e nais que non teñen fillos
e fillos que non tén pais.
E tés corazóns que sufren
longas ausencias mortás,
viudas de vivos e mortos
que ninguén consolará".
ROSALÍA DE CASTRO, "FOLLAS NOVAS", 1880
Este texto forma parte dun material que foi enviado á noso Centro polo CONSORCIO GALEGO DE SERVICIOS DE IGUALDADE E BENESTAR para traballar o "Día Internacional da Muller". Durante todo este curso 2008/09 dúas monitoras que pertencen a esta entidade están impartindo un obradoiro de "Igualdade" para as alumnas e alumnos do terceiro ciclo.
Dende aquí queremos darlles as grazas e os nosos parabéns polo seu traballo.

Quizais tamén che interese

Related Posts with Thumbnails