21/12/21

NADAL-2021




AQUÍ VOS DEIXAMOS

 RECOMENDACIÓNS LECTORAS 

PARA LER E SOÑAR POR ESTE NADAL.



5/12/21

3 DE DECEMBRO - DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Este pasado venres 3 de decembro celebramos o día da visualización das persoas con discapacidade.
O luns desa mesma semana Raioteca agasallounos cun paraugas para decorar con debuxos e oracións que levasen unha mensaxe significativa, para reflexionar sobre este día.
Abofé que nos quedaron fantásticos e todos e todas sacamos fotos baixo os nosos paraugas, facendo referencia ao lema:
#BaixoOMesmoParaugas



DÍA DA NON VIOLENCIA DE XÉNERO

A nosa mascota Raioteca , agasallounos con diferentes libros da nosa biblioteca Soños de Andel, relacionados coa temática da non violencia de xénero. 
Abofé que nos pareceu un traballo moi educativo e ao mesmo entretido e divertido, pois realmente a nosa tarefa era ler e reflexionar sobre estes libros,  para logo facer unha XINCANA para a concienciación da NON VIOLENCIA DE XÉNERO.
Cando teñamos todas as fotos da nosa xincana pola non violencia, subirémolas ao noso blog.


OS DEREITOS DA INFANCIA- 20 DE NOVEMBRO 2021

 



Quizais tamén che interese

Related Posts with Thumbnails