7/5/09

INAUGURACIÓN DO "RECANTO DOS CONTOS"


O xoves 30 de abril inauguramos un novo espazo no colexio, concebido como unha continuidade da biblioteca, un lugar onde sempre vai estar presente a "MAXIA DA LECTURA", onde existe un recanto moi especial para os conta contos e onde os nenos e nenas se poden disfrazar e maquillar para converterse en personaxes fantásticas dos contos, e por suposto, un lugar onde Raioteca, a nosa mascota da biblioteca, está sempre presente supervisándoo todo.
As actividades que realizamos para celebrar este acontecemento, que tamén recolle a prensa, foron:
  • Intervención de Raioteca. Preme aquí.

  • Actuación dos titiriteiros de Andrade, un grupo de alumnas e alumnos dende 3º ata 6º de Primaria, que representaron con marionetas a obra titulada: "Este cuento no es mi cuento". Foi todo un éxito. Parabéns a todos e todas!!!

  • Seguindo co proxecto: "Lecturas compartidas", a nai de María de E. Infantil, Rosario, fixo a presentación do libro do mes, coa lectura de: "Sacapenas". Dende aquí queremos darlle as grazas pola súa colaboración. Tamén unha alumna, Laura de 5º curso, contounos a orixe destes bonecos e explicou que no cole estanse a facer, coa mestre de Plástica, bonecos sacapenas para participar nun proxecto chamado: Sacapenas para Gaza.

  • Tamén os alumnos/as de 5º curso nos presentaron outro dos seus contos de creación propia elaborado en power point.

  • Xa para rematar unhas palabras do director agradecendo a colaboración dos familiares que fixeron posible a creación deste novo espazo e aos que lles entregamos uns pequenos agasallos.

E aquí vos deixamos a reportaxe fotográfica:


4 comentarios:

quintob dijo...

Noraboa polo voso traballo, está muy bonito.

Mandei un correo informandovos do cambio de data xa que o Corte Inglés non lle daba tempo a montar as ilustracións...polo que estamos pendentes de confirmar data na última semana de Maio.
Un saúdo
Pilar

bibliotecadocole dijo...

Como nos gustan as cousas que faceles no cole!!!
Que espazo máis bonito. Seguro que ides disfrutalo moito

Andrade39A dijo...

A verdade é que estamos moi contentos con este novo espazo da biblioteca. Estades todas e todos invitados a ler ou escoitar un conto neste novo recanto.
Moitos bicos.

INFANTIL-Andrade dijo...

Parabéns, a nós gústanos moito o recanto dos contos. E estamos moi contentos por todas as actividades que dende aquí se fan. Moitos bicos e grazas por traballar con tanta ilusión.

Quizais tamén che interese

Related Posts with Thumbnails