Hoxe, os alumnos e alumnas do 3º ciclo do CEIP Couceiro Freixomil e CEIP de Andrade, acudiron á sala de ámbito cultural do Corte Inglés para asistir a unha actividade que a ASOCIACIÓN GALEGA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL (GÁLIX) organiza co motivo da celebración do Día das Letras Galegas. Tomando como marco tres obras de referencia na nosa literatura, gañadoras dos prestixiosos CORVOS BRANCOS 2009 outorgados pola Biblioteca Internacional da Xuventude de Múnic(Alemania):
Colaboran: OQO Editora, Xerais e Editorial Galaxia.
De 11h. a 12h. asistimos a un Obradoiro de Ilustración a cargo de RODRIGO CHAO.
De 12h. a 13h. Obradoiro de Microrrelato a cargo de MAR GUERRA. De 13h. a 14h. Obradoiro de poesía, música e palabras a cargo de XABIER MUGARDOS (Pulpiño Viascón), músico multi-instrumentista e clown, se queres coñecer a súa traxectoria musical preme aquí.
Foi unha xornada moi intensa, na que desfrutamos un montón: debuxamos, pintamos, escribimos un microrrelato e escoitamos poesía e unha música moi orixinal.
Rematamos cun vídeo titulado:"Pulpiño Viascón e o serrucho máxico". Seguro que vos soa.
1 comentario:
Anónimo
dijo...
Que traballo máis bonito fixechedes. Poñeremos un link no blog....parecenos experiencias fantásticas para compartir...nós estamos moi contentos desta experiencia, desexando repetilas. Grazas polo voso agradecemento. Un abrazo ben forte Andrade.
1 comentario:
Que traballo máis bonito fixechedes. Poñeremos un link no blog....parecenos experiencias fantásticas para compartir...nós estamos moi contentos desta experiencia, desexando repetilas.
Grazas polo voso agradecemento.
Un abrazo ben forte Andrade.
Publicar un comentario